30/11/10

Un novo fiadeiros!

Esta mañá celebramos no noso cole, na biblioteca, unha nova sesión de Fiadeiros, actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A súa coordenadora, a profe Maite, explícanos que é unha actividade destinada a crear espacios e tempos para falar galego. Todos os meses ten que facer unha selección de alumnado porque son moitos os que solicitan participar. Faise logo do recreo. Este mes o tema tratado é "Xoguetes de antes e agora" e os asistentes disfrutaron un montón falando dos diferentes tipos de xogos que coñecían e sobre cales lles gustaban máis. O mes que vén, máis!

A lectura de Celia, Ainhoa e Noemi

Con un pouco de retraso aquí van as fotos da lectura de Celia, Ainhoa e Noemi. Ainhoa e Noemi xa son expertas nestas lides pero Celia é unha alumna nova do cole que xa se enganchou á actividade. Parece que se sente moi a gusto entre nós, o que nos aleda moitísimo. Nós estamos encantados de terte aquí, Celia, e tamén encantados de que participes nesta actividade tan nosa.
Ainhoa, Celia e Noemi leron "O soño do osiño rosa"

25/11/10

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta data foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 a proposta da República Dominicana co apoio de sesenta países. O motivo que levou á República Dominicana a propoñer este día foi o terrible asasinato das irmás Mirabal que tivo lugar o 25 de novembro de 1960 por orde do dictador dominicano Trujillo.
Actualmente son moitas as mulleres que sofren violencia de xénero e moitas acaban mortas. Non hai máis que ver a prensa, a televisión ou a radio para comprobar que é un problema real e grave. Todos e todas temos a obriga de facer o posible para erradicar este cancro da sociedade. Un primeiro paso é facermos conscientes do problema e para iso nada mellor que estar informados. Enreda polos enlaces (a imaxe do lazo e as palabras subliñadas) e atoparás moitos datos.

20/11/10

LUSCA E O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA!

Sabías que os nenos e nenas coma ti tedes DEREITOS? Alá onde vivas teñen que respectalos, sexas neno ou nena, teñas ou non algún impedimento físico ou mental, fales un ou outro idioma... Independentemente da cal sexa a túa cor de pel, o teu país, as ideas que teñas... tes dereito a unha casa, a unha escola, á alimentación, e todo o demais que precises para ter unha vida sana e feliz.

Ademais ningún neno ou nena pode sufrir violencia, maltrato, explotación ou abandono.

PARA SABER MÁIS...
Picade aquí

Picade aquí

29/10/10

XA TEMOS GAÑADORES!

Esta mañá fíxose pública a relación de gañadores do I Concurso de Lectura en Voz Alta "Ler e escoitar". Había moita expectación e nervios. Os nomes anunciáronse na sesión de contacontos á que asistiu terceiro ciclo con motivo da celebración do Samaín.
A gañadora da modalidade individual é AINHOA VÁZQUEZ SÁNCHEZ, de 6º curso e os gañadores da modalidade de grupo son MIGUEL LÓPEZ CUESTA e ROBERTO LARA MÍGUEZ, de 5º curso. Como premio polo seu traballo entregóuselles un agasallo, un libro.
Os vídeos coas súas lecturas xa están enviados a Santiago. Agora a esperar os resultados desta nova fase!
Aos que non resultaron seleccionados moitas grazas pola súa participación. Todo o colexio está orgulloso do traballo que levaron a cabo.
NORABOA OUTRA VEZ AOS GAÑADORES!

28/10/10

FIADEIROS

Hoxe comezou a nova tempada de Fiadeiros no noso cole. Xa sabedes en qué consiste. Un grupo de alumnos e alumnas van voluntariamente á Biblioteca para falar dun tema proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística. Hai que respectar dúas normas: a primeira, falar en galego e a segunda, respectar a quenda de palabra.
O tema deste mes é "O medo", por aquelo das datas nas que estamos! A actividade ten moito éxito entre todos vós, a lista de espera para participar na actividade é tremenda! Procúrase que en todas as sesións haxa representantes dos diferentes cursos. Fixádevos nas fotos!

27/10/10

Samhaín en Xanela


Xa queda pouco para que chegue a noite máis terrorífica do ano, a noite do Samhaín, hoxe en día chamada tamén Halloween.

A noite do 31 de Outubro comeza o ano novo celta, antigamente era considerada unha das noites más perigosas do ano, xa que nesas horas as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e render contas inacabadas cos homes e mulleres da terra.

Para afastar as ánimas dos inimigos estas xentes recurrían aos conxuros dos druídas e adoitaban decorar as súas casas con ósos, caveiras e demais cousas desagradables para que os mortos pasaran de longo asustados.
Seguirán hoxe visitándonos?


Enlaces relacionados co Samaín:
Para os máis pequenos:
Xogo "Talla unha cabaza"



Lim relacionado co Outono e o Samhaín











Lim do Samhaín en inglés




Información do Samhaín (Wikipedia)

Manualidades de Paper craft
Xogo de preguntas do Samhaín









Para @s mestr@s:

Materiais para infantil e primaria (Orientación Andujar)