01/12/10
A lectura de Jaime, Patricia e Marcela
Outro día de lectura en voz alta e outra nena dos recén chegados que se suma á actividade. E non vexades a lista de espera que temos! Patricia tamén se adapta estupendamente ao cole e todos estamos encantados de ter tantas caras novas por aquí.Eles léronnos "O elefante que non quería ser elefante" e todos disfrutamos moito coa lectura. Parabéns aos lectores!
30/11/10
Un novo fiadeiros!
Esta mañá celebramos no noso cole, na biblioteca, unha nova sesión de Fiadeiros, actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A súa coordenadora, a profe Maite, explícanos que é unha actividade destinada a crear espacios e tempos para falar galego. Todos os meses ten que facer unha selección de alumnado porque son moitos os que solicitan participar. Faise logo do recreo. Este mes o tema tratado é "Xoguetes de antes e agora" e os asistentes disfrutaron un montón falando dos diferentes tipos de xogos que coñecían e sobre cales lles gustaban máis. O mes que vén, máis!
A lectura de Celia, Ainhoa e Noemi
Con un pouco de retraso aquí van as fotos da lectura de Celia, Ainhoa e Noemi. Ainhoa e Noemi xa son expertas nestas lides pero Celia é unha alumna nova do cole que xa se enganchou á actividade. Parece que se sente moi a gusto entre nós, o que nos aleda moitísimo. Nós estamos encantados de terte aquí, Celia, e tamén encantados de que participes nesta actividade tan nosa.
Ainhoa, Celia e Noemi leron "O soño do osiño rosa"
Ainhoa, Celia e Noemi leron "O soño do osiño rosa"
25/11/10
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta data foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999 a proposta da República Dominicana co apoio de sesenta países. O motivo que levou á República Dominicana a propoñer este día foi o terrible asasinato das irmás Mirabal que tivo lugar o 25 de novembro de 1960 por orde do dictador dominicano Trujillo.Actualmente son moitas as mulleres que sofren violencia de xénero e moitas acaban mortas. Non hai máis que ver a prensa, a televisión ou a radio para comprobar que é un problema real e grave. Todos e todas temos a obriga de facer o posible para erradicar este cancro da sociedade. Un primeiro paso é facermos conscientes do problema e para iso nada mellor que estar informados. Enreda polos enlaces (a imaxe do lazo e as palabras subliñadas) e atoparás moitos datos.
20/11/10
LUSCA E O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA!
Sabías que os nenos e nenas coma ti tedes DEREITOS? Alá onde vivas teñen que respectalos, sexas neno ou nena, teñas ou non algún impedimento físico ou mental, fales un ou outro idioma... Independentemente da cal sexa a túa cor de pel, o teu país, as ideas que teñas... tes dereito a unha casa, a unha escola, á alimentación, e todo o demais que precises para ter unha vida sana e feliz.
Ademais ningún neno ou nena pode sufrir violencia, maltrato, explotación ou abandono.
PARA SABER MÁIS...
![]() |
| Picade aquí Picade aquí |
29/10/10
XA TEMOS GAÑADORES!
Esta mañá fíxose pública a relación de gañadores do I Concurso de Lectura en Voz Alta "Ler e escoitar". Había moita expectación e nervios. Os nomes anunciáronse na sesión de contacontos á que asistiu terceiro ciclo con motivo da celebración do Samaín.
A gañadora da modalidade individual é AINHOA VÁZQUEZ SÁNCHEZ, de 6º curso e os gañadores da modalidade de grupo son MIGUEL LÓPEZ CUESTA e ROBERTO LARA MÍGUEZ, de 5º curso. Como premio polo seu traballo entregóuselles un agasallo, un libro.
Os vídeos coas súas lecturas xa están enviados a Santiago. Agora a esperar os resultados desta nova fase!
Aos que non resultaron seleccionados moitas grazas pola súa participación. Todo o colexio está orgulloso do traballo que levaron a cabo.
NORABOA OUTRA VEZ AOS GAÑADORES!

28/10/10
FIADEIROS
Hoxe comezou a nova tempada de Fiadeiros no noso cole. Xa sabedes en qué consiste. Un grupo de alumnos e alumnas van voluntariamente á Biblioteca para falar dun tema proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística. Hai que respectar dúas normas: a primeira, falar en galego e a segunda, respectar a quenda de palabra.
O tema deste mes é "O medo", por aquelo das datas nas que estamos! A actividade ten moito éxito entre todos vós, a lista de espera para participar na actividade é tremenda! Procúrase que en todas as sesións haxa representantes dos diferentes cursos. Fixádevos nas fotos!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)