10/04/13

il faut que tu respires

Estaba buscando información sobre o relevo de Galicia e pensaba na paisaxe que temos na nosa marabillosa comunidade e que a pesar de que chove e chove,  segue a ser preciosa. Entón pensei nun vídeo que me ensinou unha boa amiga e que quero compartir con todos vós. A música é un rap, que xa sabedes que tamén me encantan e ademáis está en francés. Titúlase RESPIRE...que é un imperativo: da unha orde: respira!!!


Tes que respirar, e iso non fai falta dicilo,
non vas morrer de risa, e non fai falta dicilo.
Tes que respirar, é mañá cando todo empeorará,
non vas morrer de risa, e non fai falta dicilo.

Fomentando a lectura

Un bonito vídeo no que coñecidos personaxes literarios
 cobran vida.  Forma parte dunha campaña na que a Biblioteca THE LIBRARY O  CONGRESS e a fundación READING IS FUNDAMENTAL(RIF) uníronse  para  fomentar a lectura en nenos e nenas de baixos recursos económicos e con ela contribuir a alfabetización...
Desexo que vos guste!!!



 

09/04/13

No mes de abril...

Logo de CORENTA ANOS da súa morte, Picasso sigue sendo protagonista do mundo da cultura.
Con máis libros escritos sobre el que Rembrandt ou Rafael, o artista nado en Málaga en 1881 faleceu o 8 de abril de 1973 na súa vila de Notre-Dáme-Vie, en Mougins (Francia).

Moitos lembrades que o curso pasado estudiamos a vida e a obra deste pintor vanguardista. Comentar dúas películas que o séptimo arte adícalle a esta figura que conmemoramos:
SOBREVIVIR A PICASSO do ano 1996




É unha películada Warner Bros e  do Reino Unido que dura 125 minutos.A protagoniza o actor ANTHONY HOPKINS. O xénero na que se pode enmarcar é o drama e trata da vida do universal pintor, os seus amores e paixóns.

 En 1943, a nova pintora Françoise Gilot coñece a Pablo Picasso. Durante os seguintes dez anos será o seu musa e parella, proporcionándolle inspiración e dous fillos. Tamén verá como outras mulleres aparecen na vida de Pablo e deberá ademais soportar os seus caprichos, o seu estraño sentido do humor e o seu tacañería.



A outra película...PRÓXIMAMENTE

Un malagueño interpretando a outro malagueño. O primeiro  é Antonio Bandeiras e o segundo Pablo Picasso.

Bandeiras dará vida a un dos maiores artistas do século XX en "33 días", a nova cinta de Carlos Saura, coproducción franco-española, que se centrará nun momento concreto da vida do pintor e escultor, na etapa de confusión emocional mentres traballaba na obra mestra, "Guernica"

O título de 33 días refírese ao periodo de tempo durante os meses de maio e xuño de 1937 en que Picasso pintou o Guernica, e aludindo ao bombardeo de Guernica ocorrido o 26 de abril de devandito ano durante a Guerra Civil Española. A película pretende mostrar como a pintura foi a salvación dun Picasso nun momento de crise persoal, centrándose ademais na relación do pintor coa súa esposa, Olga Khokhlova, co seu amante, Marie-Thérése Walter, e coa fotógrafa Doura Maar, quen captou varias fases da creación do famoso mural.(do tublogdecine.es



 









No mes de Abril...

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos susurros
e ríos bulliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos, ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de Pat Moura
Traducido pola autora.

O 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

 

 

FOTOGRAFÍA EN CURSO

FOTOgrafia en CURS
Xa temos a primeira entrada en FOTOGRAFÍA EN CURS...podes lela entrando na páxina. Non tes que sair da Xanela porque como podes ver a túa dereita tes o enlace. Unha vez dentro vai ao 
" BLOG"

05/04/13

a vella na botella

Jaime de 6º , hoxe 5 de Abril, abriu de novo as lecturas en voz alta deste terceiro trimestre coa lectura dun libro que se titula A VELLA NA BOTELLA.




Unha bruxa de pelo roxo, farta

das queixas da súa veciña, 

decide un día lanzarlle un 

meigallo terrible e encerrala 

nunha botella:



Carne de burro, carne de can,

que te leve o furacán!

Por sorte, unha fada do bosque libera a vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nunha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor.

Moitos parabéns para Jaime polo ben que o fixo!!!



02/04/13

FOTOGRAFÍA EN CURS

Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica iniciado en 2012.
Somos pioneros como cole de primaria, xunto co ceip Manuel Murguia,
en participar neste creativo proxecto.




 "ESPAZOS  BALEIROS"é a proposta para este ano.
Todas as fotografías da presentación son tomadas do programa fotografía en curs e as imaxes que non forman parte deste programa son tomadas das imaxes de google.
"Aprendendo a fotografar non só aprendemos a crear e a expresar, senón tamén un xeito de relacionarse co ámbito e cos demais. Mirando a través da cámara, buscando unha fotografía, encadrando, compoñendo, establécese un vínculo persoal e cada vez único co mundo". 
Grazas pola implicación no proxecto e a ilusión  na posta en funcionamento...