20/05/13
18/05/13
Unha aplicación moi divertida
![]() |
| Esta aplicación sobre o día das letras galegas é un experimento que fai chus.info, sen ánimo de lucro. Non se gardan nin imaxes, nin dato algún dos usuarios. E un xogo. Se queredes podedes enviarme as fotos que fagades a este correo: isicarricarte@gmail.com e logo facemos un collage con elas...bicos. |
17/05/13
Actuacións nas letras galegas
O xoves celebramos no centro, unha serie de actividades para conmemorar o día das letras galegas. Os nen@s de educación infantil compartiron un poema e una canción. Os rapaces de 1º, relacionaron o seu traballo co proxecto do cine e para homenaxear a Bolaño, dado que foi un home que dobrou moitas películas, fixeron unha dobraxe da escena do CAMAROTE, da película dos irmáns Marx "unha noite na ópera". Un traballo difícil que fixeron de maravilla e con gran ilusión e esforzo. Os alumnos de 2º interpretaron a obra de ELMER que próximamente van representar no concurso de teatro e que foi como un preludio ao que lles espera a finais de Maio. Os alumnos de 3º explicaron aos seus compañeiros o significado das LETRAS GALEGAS, e Marcos rematou a actuación interpretando co clarinete unha peza do noso folklore. Os de 4º, coa axuda do papá de Susi e de Juan, xunto cun compañeiro, Pedro, fixeron un telexornal adicado a Bolaño, e tamén buscando a relación co cine, aprenderon aspectos técnicos do son, da iluminación, da dirección, utilizaron as claquetas, aprenderon guións, fixeron varias tomas, de interior, de exterior, e ademáis, exerceron de actores, actrices, presentadores, reporteros...unha experiencia inolvidable. Os alumnos de 5º adicaron un magnífico rap a Roberto Vidal Bolaño, cunha base musical fantástica, un ritmo pegadizo e un baile contaxioso. Dende a Biblioteca Xanela,MOITOS PARABÉNS!!! a todos. Felicitamos a alumn@s, profesores, familias... polo traballo realizado.
08/05/13
LETRAS GALEGAS...
ROBERTO VIDAL BOLAÑO...
Lembrade que hai varias entradas sobre o noso autor homenaxeado.Se non sabes en que data están só tes que ir a columna da dereita, cara abaixo e buscar en ETIQUETAS, o título de LETRAS GALEGAS 2013.
Para saber máis clica no seu nome e atoparás outra páxina que fala del.

07/05/13
ANXO MOURE..UN CONTACONTOS SOLIDARIO
Este luns, día 6, na Xanela o 1º e o 2º ciclo disfrutamos dunhas sesións de CONTACONTOS realizada por ANXO MOURE, o autor do conto “O carballo con botas”, que conseguiu, grazas á maxia dos
seus contos solidarios, prender nos rapaces e rapazas a necesidade de reciclar, de coidar o
medio ambiente, de amar a
natureza, de evitar os incendios forestais...
Todos os nenos e nenas recibiron con entusiasmo a este contacontos que con gran mestría nos transmite fermosas mensaxes. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UNS MOMENTOS TAN DIVERTIDOS!!
Todos os nenos e nenas recibiron con entusiasmo a este contacontos que con gran mestría nos transmite fermosas mensaxes. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UNS MOMENTOS TAN DIVERTIDOS!!
03/05/13
as dificultades son algo negativo?
Hoxe, a lectura da Biblioteca a fixeron Cris e Isi. Foi a lectura do conto titulado O CAZO DE LORENZO, do que xa colgamos un fermoso vídeo. Asistiron bastantes nenos e foi un momento diferente.
Quizais, a principal sentenza que se
esconde entre as súas letras, é que as persoas con dificultades, que neste caso
simula o cazo vermello, non teñen por que querer desfacerse dela, é dicir non
teñen por que vela como un estorbo ou unha molestia. É certo que, ás veces,
impide realizar unha vida normal pero é moito mellor, sobre todo para eles
mesmos e as súas familias, que intenten levalo de forma creativa en vez de crear
unha continua loita, aínda que non sempre resulte tan sinxelo, así como Lorenzo acaba levando o seu cazo vermello metido nun bolso,
o cal lle permite superar os obstáculos que antes encontraba dunha forma menos
complicada. Se dedicamos o tempo suficiente a ver a minusvalidez como todo o
contrario, é dicir, como algo intrínseco da propia persoa, nos será moito máis
sinxelo axudar aos que conviven con ela na súa adaptación e inclusión no mundo
actual. E, ademais probablemente, terán unha maior autoestima que lles permita,
así mesmo, levar unha vida plena e feliz.
Por que a dificultade vai normalmente asociada a algo negativo? Por que cremos, de forma estereotipada, que aquelas persoas con dificultades non poden, ou si pero de forma máis dificultosa, facer o mesmo que os demais? Como ben explica o conto, a miúdo as persoas externas só ven o cazo vermello que leva Lorenzo, e é información abondo como para que poidan crearse ideas erróneas. Creo que, os que non coñecen este mundo de preto, se perden algo extraordinario e digno de explorar porque descubrirían aquí cousas inimaxinables.
Debido, precisamente, ao que viñamos comentado, o vídeo déixanos unha frase conmovedora ao final: "Moitas veces ignoreite por medo, por non saber como tratarte, por non me equivocar, pensando que Deus se equivocara... Creía que vivías triste, sen esperanza, e cheo de sonos inalcanzables. Pero ti ensináchesme que: Ris, choras, bailas, tes sonos, xogas... posúes capacidade de superación... me ensinaches a ver que es como eu

(Autismodiario.org)
agradecementos
Hoxe quero aproveitar para darlle as grazas, en especial, a Anna Schmelz, por todos os comentarios, tan bonitos e tan ben expresados que deixou na Xanela.A ela e tamén a tod@s @s que participades.
As veces, Lusca, bota de menos que lle digades cousas...é moi doado dicir o que sentes cando escoitas unha lectura dos teus compañeiros, ou comentar un vídeo que te chama a atención ou, como di Anna, facernos partícipes a tod@s da ilusión que che fai concursar no certame XANELA, e ter xa un premio que o valoras tanto coma ela, que o ten na súa habitación.
Tamén, aproveito para dar as grazas a tod@s @s rapaces que hoxe deixaron de ir ao patio e disfrutar deste precioso sol, para vir á Xanela e disfrutar doutro sol...o sol que nos fai brillar a todos, converténdonos en personas ESPECIAIS que axudamos a levar os cazos das persoas que nos rodean facendo así deste mundo, un MUNDO MOITO MELLOR.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)