XA CHEGA O ENTROIDO!!! Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística, poñen a nosa disposición un monográfico especial desta celebración. Se che interesa o seu contido, preme na imaxe.
Fixeron unha lectura moi boa e moi expresiva e tiveron como acompañantes a CARLOS, LUCÍA, EILA E NEREA.
Se clicades nos suliñados atoparedes información sobre o libro editado por kalandraka e sobre a obra musical na que se inspira este conto, do músico francés SAINT SAENS.
Este venres, como choveu moito e o día foi de temporal, a Biblioteca Xanela estivo pechada para os nenos e nenas, xa que quedamos nas aulas, sin embargo, Carmen e Lucía tiñan preparada a súa lectura dende hai tanto tempo!!! que decidiron lela para os seus compañeiros e os do seu ciclo no tempo de lectura.
Revisando na Xanela, atopei que hai tempo, Sara e Paula de 6º, no ano 2012 xa fixeron esta lectura e podedes ver o paso do tempo, porque agora están xa moi cambiadas...o que está claro é que hai historias que gustan moiton e vólvense a repetir con distintos lectores e en disitintos momentos.
Parabéns a Carmen e a Lucía que len de auténtica marabilla.
14 de febreiro día dos namorados... o amor é un sentimento marabilloso que o sentimos cada día do ano, aínda que hoxe celébrase como se celebra o día da paz, o día do pai, o día da nai... Dende a Biblioteca do cole de Mondariz fixeron esta bonita montaxe dun conto de Kalandraka chamado o CROCODILO NAMORADO contado por nenos e nenas de tres anos...xa veredes que bonito!!!!
Música e literatura mesturadas...dúas artes xuntas que enchen os nosos sentidos...ver, escoitar, sentir!
Este xoves todos os nenos e nenas de primaria imos ao PALACIO DA ÓPERA a ver, escoitar e sentir un ballet titulado LA BELLA DURMIENTE, dun compositor ruso chamado PYOTR ILICH TCHAIKOVSKY, que naceu en San Petesburgo no 1840 e morreu en 1893. Algunha das súas obras máis fermosas e orixinais son os seusBALLETS: O CREBANOCES,(este fragmento pertence a danza da fada golosina)
o LAGO DOS CISNES, (este fragmento é o pas de quatre)
e o que nós imos ver que é a BELA DURMINTE e o fragmento que vos deixo o coñecedes moi ben todos e todas...
Este ballet está baseado na historia da bela durminte do bosque do escritor francés CHARLES PERRAULT e no terceiro acto recréanse outros contos de Perrault como O GATO CON BOTAS, O PAXARO AZUL, A PRINCESA FIORINA, CARAPUCHINA VERMELLA...
Para os que queirades saber máis dos seus contos clicade no seu nome e descubride máis...sobre Perrault
Pola mañá recibimos polas aulas unha invitación para ir escoitar un conto titulado SOPA DE NADA. Sara e Andrea, as dúas de 6º dixeron que era un conto con sorpresa, e con esa motivación fomos a escoitalas. Claro que houbo sorpresa!!! Aarón, David, Aarón, Gisselle, Alba, Rober e Hodei, interpretaron os papeis dos personaxes e gustounos moito.
clica na foto para ver máis.
Ademáis cantamos o CUMPREANOS FELIZ a Xandre que estaba moi contento na Xanela.