13/11/14

SAMAÍN...HALLOWEEN...UNHA MAÑÁ DE MEDO!!!

30 de novembro...
Unha mañá na que o pasamos de medo!!!

Por unha banda, todo o cole cheo de teas de araña, morcegos, portas tenebrosas...

Por outra, grupos de rapaces e rapazas de 6º foron clase por clase xogando a "TRUCO OU TRATO...TRICK OR TREAT" para festexar ao mesmo tempo o noso Samaín e o coñecido Halloween. Houbo doces pero tamén sorpresas...!







Amais, nesta xornada e da man do noso proxecto deste ano "Os nosos maiores", todos os grupos contaron coa presenza de fantásticos contacontos con lendas, retrincos e contos de antigo para darnos un chisco de MEEEEEDDDDOOOOO!!! Grazas a todos!


Os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos a visita de dous avós, dous pais e un tío:
Felipe, o avó de Helena; Nana (Patricia), a avoa de Patri; Pepe e Luchi, os pais de Lola e Edu, tío de Patricia.
Estivemos na sala chamada NOITE ESCURA e todos xuntiños escoitamos o conto do TRAGALDABAS, o conto da FIGUEIRA DE PELOSTORTOS, a lenda da Santa Compaña e un conto en inglés titulado HAPPY HALLOWEEN, MAX AND RUBY!
Deixámosvos a gravación dos contos para que os poidades gozar en familia.



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tivemos a sorte de ter dúas contadoras marabillosas, Mari Carmen, a avoa de Brais (3º) e Sara, a avoa de Sara (4º).
A avoa de Sara contou a historia "O gato negro" de Edgar Allan Poe, terrorífica e sanguenta.
A historia da avoa de Brais foi máis "doce", narrou o que facían de pequenos no seu pobo, Mondoñedo. Ían ao cemiterio e comían "torradas". Lembrando isto, trouxo para todos unha boa cantidade de saborosas "torradas". 
Foi unha sesión de contos terrorificamente doce. Grazas AVOAS!





Dentro do ciclo de contos terroríficos do noso colexio, a clase de 5º, recibiu a visita do contador moneterrosino "Pacior Pequeno", que nos trasladou nos seus contos á Galicia máis sobrenatural e misteriosa, contando historias de tradición oral, recollidos nas comaracas de VAL DO DUBRA, BERGANTIÑOS, A LIMIA e a súa ULLOA natal.

Amais, os alumnos e alumnas de 6º por enteiro foron CONTACONTOS de altura! Velaquí unha achega das súas grandes habilidades! GRAZAS POR ESTA DIFERENTE E SORPRENDENTE XORNADA!!!




07/11/14

A NOITE DAS MUDANZAS, LECTURA EN VOZ ALTA

Sofía de 4º e a súa irmá, Iria, de 2º, xunto con Marta, tamén de 4º e Patri de 2º, decidiron xuntarse para facer a lectura deste conto, xuntas, porque como elas mesmas din na súa presentación son moi amigas.
Disfrutamos moito da lectura e da historia.
Parabens ás  catro !!!



26/10/14

venres 24...confundindo historias

Autor: GIANNI RODARI
Ilustrador: ALESSANDRO SANNA




CONFUNDINDO HISTORIAS
Este venres, na biblioteca Xanela, tivemos o pracer de escoitar o conto de Rodari, grazas á participación de LAURA E LUCÍA de 5º de primaria, coa colaboración de Marcos, Iván, Iria e Daniela. 

Gustounos moito e  rimos un montón... é unha carapuchiña moi especial.
Esperámosvos o vindeiro venres, 7 de NOVEMBRO con outra marabillosa lectura.



17/10/14

Ola a tod@s

Este venres, 17 de outubro tivemos a oportunidade de estrear as LECTURAS EN VOZ ALTA a cargo de Breixo de 6º e de Carmela e Iri de 2º.

Dado que este ano o proxecto da Biblioteca vai tratar sobre as persoas maiores e todo o que elas son e significan dende moitos, moitos puntos de vista, quixemos comezar con dous contos: 

LIDO POR BREIXO

  E O CONTO LIDO POR CARMELA E IRI

A Xanela estaba repleta de nenos e nenas e damos especialmente a benvida aos nenos e nenas de tres anos.
Desexamos que sexa un curso cheo de boas experiencias lectoras e que disfrutemos coa escoita das mesmas.  

Os axudantes Xanela fixeron un traballo excelente de colaboración e organización e entregaron os DIPLOMAS aos lectores. Moitas grazas tamén a vós.


20/06/14

II EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA EN CURS

Deixamos para toda a comunidade educativa a reportaxe  da II Exposición de POÉTICAS METEREOLÓXICAS  e dámosvos as grazas pola vosa contribución e implicación no proxecto de FOTOGRAFÍA EN CURS.






Tamén presentamos o resumo do proxecto publicado na VOZ DA ESCOLA,  do día 18 de Xuño, na que aparecen publicadas as lecturas de SORAYA e PABLO PÉREZ de 2º de primaria, sobre a fotografía COMPOSTELA de Vari Caramés.





e tamén as



SE QUERES VER MÁIS PREME NA IMAXE



Feliz verán e ata setembro que voltaremos con novas aventuras.





DEICA LOGO

Siegfried Linke


DILLE ADEUS Á PRIMAVERA ENTRE ANDURIÑAS E MAPOULAS ESPECTANTES POR VER O ESTRENO DO VERÁN...COMECEMOS A PINTALO. 





                                       ROOMS

FELICES VACACIÓNS...DÁDELLE PASO AOS SONOS.
LEMBRÁMOSVOS QUE A LECTURA ENRIQUÉCEVOS.



16/06/14

AXUNDANTES XANELA

A XANELA PECHA AS PORTAS DO CURSO 13/14 E CHEGA O MOMENTO DE FALAR CARA ADENTRO, DE EXPRESAR O QUE SENTIMOS E COMO NOS SENTIMOS.
MOMENTO DE VALORAR O ESFORZO, E MOMENTO DE TER UN AGASALLO FEITO CON MOITO CARIÑO.
MOITAS GRAZAS POR ESTAR NA XANELA COMPARTINDO...