... Ou mellor deberíamos dicir "A nadar!" Como xa todos sabedes, o proxecto deste ano xira ao redor da auga. Cada clase escolle un aspecto a traballar. Como son moitas as actividades que temos en marcha e os recursos que podemos utilizar, dende a nosa biblioteca acabamos de crear unha wiki (páxina web colaborativa) onde iremos poñendo todos os materiais que consideremos interesantes á disposición das diferentes aulas. A wiki chámase "Proxectos Biblio Xanela" Se picas no nome accederás directamente a ela. Tamén deixo o enlace na barra da dereita. Todos podedes ver a wiki pero só os profes poderán acceder para engadir novos recursos. Aínda así todos os rapaces e rapazas podedes colaborar: se atopades algo na rede ou nos libros que consideredes interesante podedes comunicalo ás vosas titoras ou deixar aquí un comentario co enlace. Rapidamente pasarémolo á wiki! Animádevos! O proxecto farémolo entre todos nós! Para que vos animedes aquí vos deixo un vídeo moi divertido
A lectura de Aicha e Milka é a última do trimestre, con elas nos despedimos ata o ano que vén. Temos un montón de lectores e lectoras esperando o seu turno así que seguro que será un segundo trimestre cheo de contos! MOI BEN, AICHA E MILKA!
Con un pouquiño de retraso, disculpádenos, aquí vos deixamos as fotos da lectura en voz alta de Román. Como xa recordaredes, foi unha sesión fantástica á que acudiron moitos compañeiros e compañeiras a escoitar a Román, que nos leu a historia de "La cabra boba".
Durante estas vacacións de Nadal hai moitas cousas que facer. Unha mamá do centro nos achega esta información sobre un campamento gratuito. Botádelle unha ollada! campamento-navidad[1]
Xa se saben os concursantes que pasaron á fase finalista do I Concurso de Lectura en Voz Alta. Non temos a sorte de estar entre os seleccionados pero iso non debe desmoralizarnos senón que temos que coller máis forzas para o ano que vén. De tódolos xeitos, alegrámonos polos premiados, especialmente polas do CEIP María Pita. Moita sorte nesta nova fase! No seguinte documento podedes consultar a resolución coa listaxe de premiados. Resolucion Finalist As Concurso Lereescoitar[1]
O día do seu aniversario, Marcel invitou a Tristán a merendar na súa casa.
-Felicidades - dixo Tristán ao ver o seu amigo, e deulle un pequeno paquete...
MOI PRONTO AVERIGUAREDES QUE TIÑA DE ESPECIAL ESE "AGASALLO DIFERENTE". Se credes saber cal é o agasallo diferente, deixade un comentario coas vosas ideas. Para ir abrindo boca, deixámosche estes recursos do Nadal: