19/03/12

SOPRA NESTE FURADIÑO

Achegando a boca ao burato e soprando, todo se volve branco; se o sopro é poderoso, faise voar un elefante; se é suave, móvese un muíño viraventos; se é na mazá, sae o verme cara ao seu niño no sol; sobre a roupa, conséguese que bailen as bolboretas; na caracola, navega o capitán a toda vela; e na árbore onde o peto fai o seu niño, os paxaros canta. O sopro no trombón provoca unha orquestra de abellas, e soprando tamén arrefríase a sopa...lembrade a semana pasada o que pasaba coa sopa que queimaba...

Cun burato que atravesa este libro, Ana, Aïcha e Carolina, ou Carola como lle chaman as súas mellores amigas, sopraron e sopraron este venres pasado facendo que tanto pequenos como maiores disfrutásemos un bo rato e botáramos unhas risas...só fai falla velo nas fotos.


14/03/12

HILDERITA E MAXIMILIANO

Un venres máis , Xanela disfrutou moito coa lectura en voz alta de dúas rapaciñas de. Unha delas xa é habitual que é Antonela. A outra nena facía o seu estreno e veu chea de ilusión a ler para todos nós. Xa sabedes quen é? Pois, sí, é MARINA, de . Fixéronno moi moi ben e tiveron unhas axudantes boísimas, Raquel e Anna, que ían de flores.
Leron un conto titulado "Hilderita e Maximiliano"que trata de dúas xoaniñas que se encontraron na copa dun sombreiro e se namoraron. O autor chámase Fernando Krahn.

03/03/12

A SOPA QUEIMA

Ola a tod@s:
Como sabedes onte estivemos na Biblioteca Xanela escoitando ás nosas catro nenas de : Uxía, Candela, Kalina e Nuria.
Elas contáronnos esta historia, que expresa os problemas que ten María cando ha de tomar o prato de sopa que a súa nai lle pon diante. A sopa está moi quente, a nai, como todas as nais, acostuma a servila a unha temperatura moi elevada...e, María quéimase. Como a sopa está tan quente, a nena non pode tomala e ante a persistencia da nai busca axuda dun rinoceronte, dun
morcego e dunhas formigas, ata conseguir arrefriala e poder rematala.
O libro que é de PABLO ALBO, está traducido ao galego e así o leron elas, e Isi, axudounas,porque estaban un pouco nerviosas, xa que neste curso era a primeira vez que lían na Xanela, sen embargo o fixeron de marabilla porque todo o público aplaudiulle moitíiiiiiisimo.
Ah! Botamos de menos ao noso habitual público de infantil que onte saíran de excursión.

01/03/12

A casa da mosca fosca por Breixo, Cristian e a colaboración espcial de Enrique

Como pasastes estes días? Pasástesvolo moi ben no entroido? Xa mo diredes nos vosos comentarios que me encanta lelos. Ben, quero dicirvos que hoxe imos felicitar tres rapaces do cole que se animaron a facer a lectura en voz alta do venres do libro titulado "A CASA DA MOSCA FOSCA". Queremos dicir que nos encantou ver e escoitar a Breixo e a Cristian de 3º lendo, e queremos agradecer moito, moito, a un rapaz maior, de 6º, Enrique, a súa colaboración, case improvisada, e que a todos nos gustou un montón.
Este conto trata dunha mosca fosca que farta de zumbar dun lugar a outro sen parar, decidiu facer unha casa e invitar os animais do bosque. Cociñou un rico pastel de amoras, colocou sete banquetas, sete pratos e unha mesa. E co aroma da torta, foron aparecendo, do máis pequeniño ao máis grande, sete estraños personaxes, que foron interpretados polos compañeiros de clases de Breixo e Cristian.Ao final aprendimos unha canción que cantamos todos xuntos.
Moitas felicidades de novo...

07/02/12

Antoni Tàpies, o artista catalán máis universal


Onte, 6 de febreiro, faleceu Antoni Tàpies aos 88 anos. Foi pintor, escultor e teórico da arte española e está considerado como un dos artistas máis importantes do século XX. Creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX no que se combinan a tradición e a innovación dentro dun estilo abstracto pero cheo de simbolismo.
A obra de Tàpies tivo unha gran valoración a nivel tanto nacional como internacional, estando exposta nos máis prestixiosos museos do mundo.
Neste vídeo podedes atopar unha breve reportaxe.
Pódese ampliar a información nos enlaces e na páxina da fundación Tàpies

01/02/12

Remata o mes de Xaneiro con Alba Mosquera, Andrea e Raquel










O último venres do mes de Xaneiro a lectura en voz alta estivo a cargo de tres rapazas de de Primaria: Alba , Raquel e Andrea.


Estaban moi nerviosas aínda así fixérono moi ben. O libro que leron titulábase QUEN LEVOU A LUA.Trata dun lobo pequeño Kipá, o máis pequeno da manda, que quere ouvear como os lobos grandes; unha noite de lúa chea escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se desprende do ceo...O escritor chámase, Mario Catelli e conta unha divertida historia sobre aprendizaxes e descubrimentos da vida, que suxire que a sabedoría se adquire cos anos, así como a necesidade de gozar cada etapa.


A ilustradora deste conto chámase Madalena Matoso e fai uns debuxos moi coloridos e de trazo simple como o que vedes no inicio...a ver se vos animades a facer debuxos dos contos!!!


Carlota e Alba de Luz e a GUERRA DOS NÚMEROS


Carlota e Alba de Luz de 3º contáronnos unha historia moi divertida sobre o poder que ten o signo menos, sí, sí! ese que utilizamos para facer as restas...o libro é da editorial OQO e titúlase A GUERRA DOS NÚMEROS.


UN era un número moi pequeno e sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.


Este conto escribiuno Juan Darién.
Temos que dicir que contamos cunha "especial colaboración" musical de alumn@s da clase de Marica, que nos dirixiron cantando a canción dos números que viña moi a conto con esta historia. Moitas grazas!