20/06/12

Hoxe un día especial, en relación á entrega de PREMIOS do III concurso literario da XANELA.
Moitas felicitacións a tod@s pola vosa participación e aos premiados:
  • Na categoría de LIBRO ILUSTRADO, o premio foi para 6º de educación infantil e recolle o premio: Brais Morán Martínez, representando á súa clase.



Na categoría de NARRACIÓN, premios para Pablo Ymia Fernández, de 1º de E.P.  e para Marcos Moradillo Sebastián de 2º.









Na categoría de BANDA DESEÑADA,  premios  para Alba de Luz Pérez, de 3º de E.P.
e para Anna Mª Schmelz Collado, de 4º.


Finalmente, na categoría de TEATRO,  premio  para AÏcha Villaverde Ríos, de 6º de primaria.



Outro merecido premio é para o noso querido Román coa elaboración dun conto que trata dun caracol: o caracol Fernando.

         

Lusca, vos anima a que sigades participando neste fantástico certame no que vos convertides en escritores e escritoras e deixades voar a vosa imaxinación, facendo que nós soñemos coas vosas historias. Podedes ver as obras gañadoras neste enlace do  VOCEIRO DE HÉRCULES.

Dende a Xanela e o seu proxecto sobre PINTURA, moitas felicidades pola obra de arte da portada do xornal do cole, feita por Antonela de 4º... é moi difícil elexir unha!!! de todos modos, as portadas que fixéchedes, están todas, todiñas, á vista porque están na entrada do cole. Sodes uns artistas!!!!!










14/06/12

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Para que durante o verán saibades que podedes ler, déixovos uns enlaces doutras bibliotecas onde podedes atopar cousas interesantes para ler e adaptadas aos vosos gustos.
Como este ano traballamos a pintura tendes aquí uns libros moi axeitados para que lembredes este curso:
*LENDO CON ARTE.
*LE PARA RELAXarte.
Se ides a viaxar, ou quedades na casa, fagades o que fagades tendes estas outras recomendacións:
*Se vas de viaxe, leva libros na equipaxe.
Outro enlace é *LER NO VERÁN.
Seguiremos en contacto.


13/06/12

AXUDANTES DA XANELA

Cando ti, a principio deste curso, asumiches ser axudante da Xanela decidiste convertirte nun ou nunha "axudante Xanela" e asumiches unha RESPONSABILIDADE. 
Unha responsabilidade  é unha tarefa, é un compromiso, é un reto, agora ben, asumir unha responsabilidade significou que creciches, que maduraches,  convertícheste nun neno ou unha nena coa que podo contar para grandes RETOS. Sabes unha cousa? Pois que esta responsabilidade preparouche para outras maiores e fixo que teñas confianza en ti mesmo e tamén nos demáis.
Por orde de antigüedade e alfabético, FELICIDADES a  KIKO, ANA, ANTÍA, CAROLINA, JOEL, ANTÓN, MILKA, AÏCHA, JAIME, JENNY, ANA, LAURA e as novas incorporacións de "axudantes en prácticas de 4º"ALBA MOSQUERA, ANTONELA e en momentos de apuros AARON E RAQUEL.
FELICIDADES porque:
  • Realizaches as  tarefas normais sen que tivera que recordalo en todo momento.
  • Puidestes razoar o que fixestes.
  • non botaches a culpa aos demáis cando algo ía mal.
  • Fostes  capaces de escoller entre diferentes alternativas.
  • Puidestes tomar decisións que diferiron das que outros toman no grupo en que se moven...
  • Houbo respeto e seguimento dos límites impostos por Isi sen discusións inútiles.
  • Tod@s levastes a cabo o compromiso que asumistes o primeiro día...e moi, moi importante:
  • Asumistes os vosos  erros o que significa, unha vez máis, que dende a linguaxe popular  sodes uns "CRAKS" ou dito dende a Xanela, sodes uns "FORA DE SERIE".
Dende o noso corazón, grazas e moitas felicidades!
Un brindis polo curso 2011/2012!



Agradecementos pola lectura en voz alta

Queremos darlle as grazas a tod@s os que este ano fixeron  posible que moitos escoitásemos venres tras venres contos de aventuras, de cores, de animais, de sentimentos, de risa, de medo...grazas!!!!
Aínda que a primeira vez da un pouco de medo e están un pouco nervios@s, hai que felicital@s por ser tan valentes e lanzarse ao reto de ler. Felicidades!
Lembrade que empezamos de novo en Outubro e que hai que coller cedo as solicitudes de lectura porque enseguida hai colas para ler.
Queremos escoitar tamén voces de nenos. Este ano leron  Cristian, Breixo, Enrique... e quedaron coas ganas, Antón de 2º e Agustín de 3º. Vinde pronto en Outubro.
Un bico e lede moito nas vacacións!

15/05/12

Hoxe,coma en anos anteriores, no cole, tivemos unha visita moi especial: OS OLEIROS.

Os oleiros de Buño son artesáns que manteñen a tradición da olaría en Buño, un dos centros máis importantes na produción cerámica de Galicia. A tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes.
Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro. (wikipedia.org)
Disfrutamos moito con Pepe e Julio, que fixeron traballar os "matapiollos" e as pernas dos máis altos...
Aquí tendes unha pequena mostra do seu traballo.

O ARCO DA LÚA

Sara e Paula de 4º contaron este venres pasado unha bonita historia...

Cando o sol aloumiña a choiva, nace o Arco da Vella, que concede un desexo a quen salta as súas cores. Sete animais soñaban con cambiar de vida e estaban dispostos atravesalo. O gato quería mudar de miañar porque daba risa e brincou a cor vermella. A cobra estaba cansa de arrastrarse e quería voar, así que cruzou a cor laranxa. A toupa aburríase e quería vivir na praia, así que se arrastrou ata a cor amarela. A cebra sentíase ridícula coa monótona moda de raias e gallopou a cor verde. O peixe non aturaba aos seu veciños e pedíu unhas patas para buscar outros camiños saltando a cor azul. A lagarta abafaba de tanto tomar o sol e consideraba fascinante converterse en peixe, co que moveu o seu rabiño ata o anil. A xirafa estaba farta de non atopar talla especial polo que se agachou onda o violeta. Pero ás veces, entre os soños, aparece un pesadelo.


Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah


A Profe de Infantil, Maite, deixounos un enlace moi interesante sobre Valentín Paz Andrade...para os que queirades SABER MÁIS, pinchade sobre a foto.