27/04/15

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Cada libro tiene un secreto
disfrazado de blanco y negro;
las cosas que a ti te dice
serán distintas para otros.

Todo cuanto te dará,
que no ocupa lugar ni pesa,
te abrigará contra el frío
de la ignorancia y la tristeza.

Con los libros por amigos
no te faltará la compañía.
Cada página puede ser
una estrella que te guía.

Jonathan Wolstenholme

 Comezamos pola mañá, cun sol precioso, a presenza das familias, compañeir@s, nenos e nenas e  coa lectura deste precioso poema coas voces de Marta, de 1º, Sara, de 2º, Laura, de 3º, Lucía de 4º, Flavia, de 5º e Susi, de 6º


                                   
MOITAS GRAZAS!!!

A continuación cantamos a canción do libro... 



















e xa subimos ás nosas aulas con ilusión!!!


A partir das 12, ao rematar o recreo, continuamos coa nosa celebración:

Como en anos anteriores compartimos lecturas os máis maiores cos máis pequenos e viceversa.

Os nenos e nenas de 4º leron un bonito manifesto sobre o día do libro...
 

...e acto seguido comezamos coas lecturas

Os nenos de 5º de educación infantil leron o poema de GLORIA FUERTES, "cómo debuxar un indio", e gustounos moitísimo porque co xiz que nos deron, debuxamos indios no chan como nos dicían no poema.






Os nen@s de 4º e 6º de educación infantil, cantaron unha canción moi bonita de Pablo Díaz sobre o libro.


Pasamos un momento moi bonito!!!








22/04/15

23 de abril día do libro



Da nube inmensa das letras
choven a miúdo palabras illadas
sobre a terra fértil que aboaches.

Xerminan versos,
poemas, contos e fábulas,
crecen historias,
crecen relatos
e lendas de tempos pasados...


e agora tes a colleita ante ti:

LIBROS que por San Jordi,
polo día do libro,
polas bibliotecas escolares,
polas librerías,
polos andéis...

TODO O INUNDARON.
Os libros, en todas as súas diferentes formas e soportes ao longo da historia, son un piar fundamental para a nosa cultura, a nosa formación, o noso desenvolvemento persoal e colectivo.

Da árbores ao papel e do papel ao libro, (polo menos iso era ata agora).  As árbores son monumentos vexetais da naturez e foron ao longo de moitos anos a base da nosa cultura escrita. Pero non todas as árbores acaban sendo libros. Que historias non escritas aínda esconderán?

Hai árbores que nunca serán libros,
hai árbores que gardan historias
entre o silencio e as queixas do madeiro,
á sombra das súas ramas,
escondendo baixo terra as grandes raíces...
Hai árbores que nunca serán libros.

Isabel Barriel

21/04/15

abril...libros

El libro

El libro es el telescopio
con el que se ve el infinito,
y la estrella, el aerolito
y nuestro planeta propio:
es también el microscopio
que en una mínima gota
nos hace ver como flota
un orbe a todos igual,
que es del coro universal,
una bellísima nota.

El libro es fuerza, es valor,
es poder, es alimento;
antorcha del pensamiento
y manantial del amor.
El libro es llama, es ardor,
es sublimidad, consuelo,
fuente de vigor y celo,
que en sí condensa y encierra
lo que hay de grande en la tierra,
lo que hay de hermoso en el cielo.

ilustrando lecturas


17/04/15

ABRIL...LIBROS

Unha canción


XA É DE DÍA, VOU AO ANDEL,
COLLO UN LIBRO, PÓÑOME A LER;
DUNHA AVENTURA VOU GOZAR
NA MIÑA CASA SEN ME AUSENTAR

UNHA PRINCESA, NUNHA PÁXINA
ESTÁ, CUN DRAGÓN, MOI ANOXADA,
UN REI CEGO QUERE CASAR
SEN TER REINO ONDE MORAR.

UN CABALEIRO, NOUTRA HISTORIA,
NON TEN CABALO NIN TEN ESPADA,
UNHA BRUXA QUERE VIAXAR
SOBRE UN CEPILLO PARA FREGAR.

SOBRE UN CASTELO CAE UN RAIO
E, CO BRUÍDO, CASE CAIO,
QUÉIMASE O LIBRO, PÁXINA A PÁXINA,
QUE POUCO ME DURA ESTA AVENTURA.
COLLO OUTRO LIBRO MOITO MÁIS GORDO, 
XA ME DESPIDO DENDE O SEU LOMBO




CALIGRAMAS coa entrada da primavera e o día da POESÍA

O día 21 de marzo fixemos unha entrada sobre o día da poesía, lembrades?

Moitas grazas a todos os nenos e nenas que fixestes un CALIGRAMA para adornar a chegada da primavera con POEMAS e celebrar así o DÍA DA POESÍA.

É un pracer cada mañá velos cando subimos polas escaleiras.

É como un pequeno xardín literario.

Por certo, se queredes cultivar flores poéticas vinde á Xanela a buscar flores!!!