22/06/16

Os premios da Xanela 2016: rematamos o curso!

Hoxe, día 22 de xuño de 2016, rematamos o curso pero cunha fantástica feira con diferentes países representados no noso patio e... Os premios da Xanela!

Grazas a todos pola vosa participación excelente. A calidade dos traballos, a entrega aos debuxos e ilustracións cheas de detalles, a boa presentación en cada unha das categorías... Un orguio! Ao xurado resultoulle moi complicado seleccionar.
Noraboa aos premiados e premiadas, por suposto!

Vémonos en setembrooooooo pero...

RECORDADE:

 O mellor compañeiro do verán é un bo libro (dixital ou físico) pero un bo libro ;-)
Ata setembro!




20/06/16

Moitas grazas, AXUDANTES DA XANELA!!!

Como tería sido o curso sen os nosos Axudantes da Xanela? Imposible pensalo.
Grazas a todos por ter participado en cada unha das actividades, na organización e na xestión. Grazas pola meirande cantidade de participantes desde fai anos: 43 persoas de 5º e 6º de EP!Os nosos pequenos agasallos quédanse curtos fronte a todo o voso traballo!
Feliz verán a todos e a todase moi feliz comezo da etapa do "insti," axudantes expertos e expertas de 6º EP!
Milleiros de grazas.




20/05/16

Lectura 20 de maio: "María"



Hoxe  a Xanela encheuse!!! Noelia, Adrián e Kalina (de 5º de Primaria) fixeron unha divertida lectura en voz alta.
Escolleron un libro cheo de mensaxes de equidade e de axuda! 

Grazas aos tres!!!!






19/05/16

Que pensas da nosa biblioteca Xanela?


Desde a Biblioteca Xanela, gustaríanos que nos deixásedes as vosas opinións sobre este ano de biblioteca, para que o vindeiro sexa aínda mellor!
As vosas opinións e valoracións serannos de grande axuda!




17/05/16

Feliz día das Nosas Letras! Letras Galegas 2016!

Manuel María deixounos unha fermosa escolma de poemas cheos de saloucos, de enerxía, de reivindicacións, de loita, de temores, de xuizos, os sinais que como galegas e galegos nos identifican aló onde paremos... Un chisco da nosa lingua!
Tedes unha morea de libros fantásticos para disfrutar pero, como a poesía pode ser lida, cantada, teatralizada... 

Velaquí unha 

serie de cancións con letras do noso poeta homenaxeado. 

Grazas, Manuel María!!!



Manuel María na Xanela

13/05/16

Lectura 13 de maio: "A voda do galo Pinto"

Bo día a todos e todasssss!!!
Un día chuvioso... Perfecto para un bo libro!!!
Hoxe leron Lucía e Susana de 4º de Primaria.

Grazas ás dúas!




Por se queredes lelo e visualizalo, velaquí o vídeo do conto colgado desde a CRTVG.
                           



06/05/16

Lectura 6 de maio: Natalia, Yara e Candela

"El jardín del abuelo" 

Esta mañá Natalia, Yara e Candela, de 3º de Educación Primaria leron un conto tenro e fabuloso para ler en familia. Os recordos e a maxia da experiencia son parte do conto "El jardín del abuelo."
o autor: Lane Smith
Grazas ás tres pola escolla deste libro que, por suposto, recomendamos desde a Xanela.







Como sabemos que vos gustou, deixámosvos outro dos contos de Lane Smith, desta volta en vídeo:





Grazas, rapazas! Sodes unhas expertas lectoras!