28/01/19

Lecturas interniveis: Menudo éxito!

As lecturas interniveis están tendo un éxito rotundo!


Unha vez máis os distintos grupos lectores demostran creatividade, autonomía, colaboración, responsabilidade... unha actitude de 10! e todas e todos estamos disfrutando cada lectura moitísimo.



Ademáis temos lectores/as de todos os cursos que preparan interpretacións maxistrais con actores e actrices, narracións traballadas, cartaces, atrezzo... un luxo!



Tanto é o éxito que temos un montón de peticións aínda sen darlles data e todo cuberto ata marzo, grazas a todos por este entusiasmo! 

15/01/19

Novidades!!

Boas lectores e lectoras!!

Polo espazo sinalado coma NOVIDADES pasarán moitos libros recén incorporados aos fondos da biblioteca antes de pesar ao seu posto (segundo a CDU e a orde alfabética, desto saben moito xa os e as axudantes... ;) ).

Dirixídevos a esa zona se queredes descubrir novos relatos, cómics, contos, historias, biografías...

Estos libros están desexando que sexas o primeiro/a en abrir as súas páxinas e descubrir o que teñen que contar así que non esquezas pasar por esa sección nas túas visitas á Xanela!


(Lembra que tamén podes suxerir libros na caixa do correo adicada a tal fin!)


07/01/19

O reto de Lusca

Xa sabes que é o reto de Lusca?

Cada certo tempo, Lusca, a mascota da Biblioteca Xanela deixa un reto pendurado nun cartaz, a carón dunha caixa de correo.

Pode ser unha pregunta, un enigma, unha adiviña... este reto está disposto para que todos aqueles valentes que desexen darlle resposta a introduzan na caixa do correo... aos poucos días Lusca desvela a verdade.

Da a solución ao reto e publica os nomes e cursos de todos aqueles alumnos e alumnas que resolveron de xeito acertado, puidendo darlles unha pequena recompensa que poden recoller na biblio.

Lusca xa preguntou porqué o 24 de outubro era o día das Bibliotecas, tamén a que conto pertencía un pequeno parágrafo, ou a autora dunha famosa saga de libros... 

Lusca está moi orgullosa de ter coma usuarios da biblio a rapaces e rapazas tan curiosos, tan activos na busca de respostas e que participan tanto no reto...

Na marxe dereita deste blogue irás atopando os sucesivos enigmas... anímaste a resolvelos?


30/10/18

O Samaín na Xanela

E chegou o Samaín, esta celebración tivo, como non, o seu centro neurálxico na biblioteca Xanela!

Nela organizamos unhas xornadas cheas de obradoiros por recunchos para todos os niveis ademáis de lecturas compartidas con temática "samainesca", foi unha semana entretida!


Os recunchos, adaptados para os niveis, tiveron:
Xogos de mesa coma o Dobble  e o memory de Samaín, e tamén o fabuloso "A noite do meigallo".



Espazo para a creatividade e o desenvolvemento artístico no obradoiro de decoracións e de máscaras.

Un recuncho de lectura cunha extensa selección de libros e contos "de medo"

Tamén un recanto no que, tras ler e ver a historia de "Como mola a túa vasoira" puidemos deseñar a nosa vasoira ideal con todos os seus complementos.


E outro espazo para a escritura creativa onde se elaboraron contos, narracións, cartas, currículums, historias a partir de dados, receitas, etc. cargadas de orixinalidade!


Foron 3 días intensos para que todos os grupos puideran disfrutar das actividades que estaban preparadas mais cremos que todas desfrutamos un motón! 


Feliz Samaín!!!

24/10/18

Inauguración da Xanela


Despois da reunión cos axudantes chegou a inaguración, 
unha inauguración preparada para o Día das Bibliotecas na que houbo actividades durante toda a xornada levadas a cabo por todos os grupos:



Grazas a todas e todos pola colaboración,
estivéchedes xenial!!!

14/10/18

Os axudantes da Xanela

Os axudantes da Xanela son unha parte moi importante da mesma, sen elas e eles todo sería moi complicado.

Antes da inauguración anual da Xanela mantivemos unha reunión co alumnado de 5º e 6º de primaria para informalos de como iría co curso (sobretodo ás novas incorporacións, todos e todas as de 5º) das súas labores e responsabilidades, tamén para mostrarlles o noso agradecemento e para que formaran libremente equipos mixtos (5º e 6º) de axudantes para acudir rotativamente nos recreos.


Ademáis fíxoselles entrega da "GUÍA BÁSICA PARA AXUDANTES DA XANELA" un sinxelo manual, un libriño en tamaño A6 que podedes ver aquí abaixo.


Así comezou o curso da Xanela, pronto viría a inauguración...

03/10/18

Boletín de outubro

Boas a todos, 
Xa está aquí ao carón a apertura da Xanela para este 2018-2019, será, como cada curso no Día das Bibliotecas (24 de outubro) e temos un montón de actividades preparadas.

Antes de nada, e para ir abrindo boca, déixovos o boletín deste mes da biblioteca, coas novas máis relevantes...