26/05/09

Xanela e Lusca botan a andar!

Logo de todo un curso de cambios: mobles, pintura, chan... Por fin abrimos a biblioteca escolar! A verdade é que nunca deixou de funcionar porque xa que o espazo estaba ocupado sacamos os libros e as ideas aos corredores do colexio, ás aulas, a onde fixera falla!
De tódolos xeitos tod@s nos sentimos moi felices de por fin abrir as portas, ou deberíamos dicir as xanelas porque ese vai ser o nome da nosa recén estreada biblioteca, XANELA, unha ventá a través da cal aprenderemos unha chea de cousas sobre o mundo que nos rodea. Xa vos iremos contando!
Outro dato importante é que a nosa mascota é Lusca, unha creación dunha alumna de 5º curso, Silvia Mouzo Prado. Seguro que vos soa o seu aspecto!
Como son moitas as cousas que vos temos que contar, imos pouco a pouco. Para empezar disfrutade coas primeiras imaxes da nosa biblio, Xanela.

22 comentarios:

  1. Parabéns!! Tedes a biblioteca ben bonita e ben alegre.... Noraboa polo traballo feito...

    ResponderEliminar
  2. Desde Biblioafonso e Iniciarte saúdos de benvida á blogosfera. Tendes unha biblio que invita a entrar, quedarse nela a ler e traballar. Parabéns.

    ResponderEliminar
  3. E unha biblioteca preciosa. Parabéns por ese espazo tan bonito.

    ResponderEliminar
  4. Dende Viveiro noraboa por esta biblioteca tan fermosa e benvidos ao marabilloso mundo das bibliotecas.
    María dende Viveiro

    ResponderEliminar
  5. Os ha quedado una biblioteca preciosa. Me encantan los murales...
    Felicidades
    Patricia desde O Porriño

    ResponderEliminar
  6. Gústame moitísimo como vos quedou a biblioteca, especialmente o recuncho do conto que está cargado de maxia. Son tempo e cartos moi ben invertidos. Bicos e apertas desde Cambre. Noraboa

    ResponderEliminar
  7. Parabéns por esa fermosa biblioteca e benvidos á blogosfera.
    Un agarimoso saúdo dende Andrade-Pontedeume.
    Un saúdo moi especial para Lusca de parte da nosa mascota RAIOTECA.
    http://biblioandrade.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Benvid@s ao mundo dos blogs, gústame moito a biblioteca, vese moi alegre e bonita...Saúdos da nosa mascota Puca. Aquí estamos para axudar no que poidamos.
    Unha aperta dende Cervo-Lugo

    ResponderEliminar
  9. Noraboa pola nova biblio. Desde Mos, un agarimoso saudo de Órbil para Lusca.

    ResponderEliminar
  10. Nuria Prieto26/05/09, 23:59

    Noraboa pola nova biblio! Encántame! Quedou preciosa! Alégrome moito de que o proxecto saira adiante e de que os resultados fosen tan bos. Creo que hai poucas bibliotecas coma a do Sanjurjo, asi que aproveitádea rapaces e rapazas, que tedes moita sorte de estar nun colexio así!
    Bicos para todos e todas.
    Nuria

    ResponderEliminar
  11. Begoña Mosquera27/05/09, 10:35

    Ola rapaces e rapazas! Son Begoña e estou impresionada coa vosa labor e esforzo. Noraboa a todos e todas os que traballades con esas ganas de mellora.
    Seguide así. Moitos biquiños dunha mestra que vos vota moito de menos.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  12. Noraboa desde o José Cornide. Non é raro que un espazo así..se enchera de bolboretas!

    ResponderEliminar
  13. Parabéns pola renovada biblioteca; preciosa!. Benvidos á blogosfera e felicidades para Silvia Mouzo por esa mascota, gústame moito Lusca.
    Agora, a disfrutar! Saúdos desde a biblio do CEIP de Pazos.

    ResponderEliminar
  14. Carmen Suárez27/05/09, 20:53

    Que biblioteca tan bonita!!! Parabéns e benvidos á rede.
    Carmen, IES David Buján de Cambre

    ResponderEliminar
  15. Noraboa por esa biblio! Disfrutade dun espazo tan bonito cheo de libros maravillosos!

    ResponderEliminar
  16. REBECA!!!!08/06/09, 15:24

    ola:
    a biblioteca esta chulisima hai que aprobechala moitisimo e non estropeala.enoraboa!!

    ResponderEliminar
  17. Andrea Vázquez Castro10/06/09, 18:37

    Sou a nena de 5º encantame a biblioteca.
    Natalia eres a mellor directora ë profesora do mundo.
    Encantame esté blog é precioso.

    ResponderEliminar
  18. me encanta a biblio es genia por mi la mejor del mundo

    ResponderEliminar
  19. a min encaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaameeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee ler e a biblio mais vonita da coruña.

    ResponderEliminar
  20. eu penso que e ¡¡¡¡¡¡¡¡impresionan-te!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  21. ola son carolina l.v. e encantame o samain.

    ResponderEliminar
  22. la biblioteca mas bonita del mundo es la de SANJURJO DE CARRICALTE

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!