09/12/09

Un conto contra a violencia de xénero

O venres pasado tres alumnas de 6º curso (Andrea Vázquez, Zineb e Rebeca) léronnos un conto na biblioteca, "Xela volveuse vampira". Levaban días preparándoo. Elas mesmas fixeron a selección da historia e os debuxos que acompañaron a sesión de contacontos. Outras dúas alumnas da mesma clase (Marieta e Silvia) presentaron a actividade facendo unha breve reflexión sobre o tema da violencia de xénero para a que buscaron información en internet.
Asistiron os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 6º e creo que todos nos emocionamos ante a historia de Xela, unha muller que vai perdendo pouco a pouco a ilusión, a vida, por unha triste historia que lle tocou vivir. Se queredes averiguar o que lle pasou a Xela e cómo solucionou o seu problema non tedes máis que coller o libro na biblioteca.
Felicidades ás compañeiras que fixeron unha fantástica lectura pero sobre todo pola súa sensibilidade ante un problema social tan serio que nos afecta a tod@s.
Disfrutade das fotos da sesión.

5 comentarios:

  1. Andrea vázquez21:24, 09/12/09

    Grazas, a verdade era un tema moi delicado, e eu que sou moi sensible, puxoseme a pel de galiña coma a Natalia e eso que estaba pendente de cando me tocaba para ler.
    Grazas otra vez...
    bikos!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Me gusto mucho el cuento de (Xela
    volveuse vampira).

    ResponderEliminar
  3. encantoume moito o conto da violencia de xenero titulo: xela volveuse vampira.

    ResponderEliminar
  4. son ana encantame a biblioteca cos libros novos. son moi guais

    ResponderEliminar
  5. Yérica 5º11:59, 18/01/10

    O libro e moi bonito e sobretodo gustoume o poema do final.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!