29/01/10

1º PREMIO CERTAME "FALAMOS"

O pasado 20 de xaneiro fallouse o premio do Certame "Falamos" promovido polo Servicio de Normalización Lingüística de A Coruña en colaboración coa AS-PG (Asociación Socio-pedagóxica Galega).O primeiro premio correspondeulle ao noso centro gracias ao proxecto presentado polo noso Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, coordinado pola mestra Maite Otero Fernández.
Neste proxecto destacan algunhas actividades encamiñadas a crear espazos físicos para o uso do galego dun xeito natural e espontáneo e aumentar así a competencia lingüística do noso alumnado. Unha das actividades que máis chamou a atención do xurado foi "Fiadeiros" que se desenvolverá unha vez ao mes, no tempo de recreo, na biblioteca do centro e que consiste en que un grupo de nenos e nenas de diferentes niveis falen espontáneamente de diversos temas propostos por unha mestra que fará de moderadora.
A entrega de premios terá lugar no Concello, o vindeiro 3 de febreiro ás sete da tarde e poden asistir todos aqueles pais e nais que así o desexen. Farase unha pequena demostración da actividade "Fiadeiros".
O segundo e terceiro premios correspondéronlle ao CEIP Mª Pita e o CEIP Manuel Murguía respectivamente. Parabéns para todos eles!

1 comentario:

  1. carolina 4º16:02, 02/02/10

    espero que o ano que ven gañedes o 1º premio





    bikoooooos

    carolina

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!