14/03/10

Os pequeniños de Educación Infantil tamén len!

Un grande acontecemento na nosa biblioteca Xanela! Por primeira vez, na actividade de Lectura en Voz Alta, son os alumnos e alumnas de 5 anos os encargados da lectura no recreo. E hai que ver o ben que o fixeron! Non só leron estupendamente senón que ademais nos trouxeron as súas propias ilustracións do conto "Queres xogar comigo?" Que non o credes? Pois non tedes máis que mirar as fotos! Proximamente colgaremos o vídeo. Estade atentos!

3 comentarios:

  1. Ola,
    As fotos son moi bonitas.
    teño moitas ganas de ver o video
    Marcos

    ResponderEliminar
  2. Oooolaaaa!
    Son Villa, moitas felicidads aos pqeniños, leron moi bn!
    Bsos.
    Villa!

    ResponderEliminar
  3. O fixeron moi ben lusca, gustoume moito.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!