23/04/10

FANTÁSTICO DÍA DO LIBRO!

Que ben o pasamos hoxe e cantas cousas aprendimos! Todo o colexio estivo en movemento esta mañá! Foi deses días que che gustaría que se repetisen unha morea de veces.
Xa sabedes que lle adicabamos o Día do Libro á figura de Rosalía de Castro porque se cumplían 125 anos dende o seu pasamento. Todas as aulas fixeron un traballo espléndido: murais, recital de poesías, dramatizacións, xogo da oca, unha web para a nosa intranet, cancións, un xogo de relacionar... E todas esas cousas as presentamos hoxe na Biblioteca do cole ou nas aulas. Todos pasamos por todas partes! O máis bonito foi ver a mestura de niveis e cómo os maiores axudaban aos más pequenos a resolver os misterios... Ou ao revés! E hai que ver todo o que aprendimos sobre Rosalía!
Tamén fixemos unha chea de fotos. Aquí vos deixamos unha mostra! Nos vindeiros días colgaremos máis no álbum. Estade atentos!


4 comentarios:

  1. o dia do libro foi moi divertido , eu paseino moi ben.

    ResponderEliminar
  2. hola son Antón de 4º gustóume moito o xogo de rosalía e a oca moito mais.
    En resumidas contas encantóume.
    ¡un saúdo a Lusca!
    ANTON

    ResponderEliminar
  3. GUSTOUME MOITO O DÍA DO LIBRO FOI MOI DIBER

    ResponderEliminar
  4. ainhoa v.s. de 6º11:55, 05/10/10

    a lectura dos rapaces pequenos molou!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!