18/04/12

AÍNDA QUE CHOVA, NÓS SEGUIMOS A SOÑAR...

Ola a tod@s,
Hoxe foi un día complicado no cole e sobre todo no espazo no que vivo e disfruto todos os días coas vosas visitas, na Biblioteca, na Xanela.
Algúns de vós xa sabedes que debido á cantidade de chuvia que caeu hoxe sobre a nosa cidade, entrou moita auga na Xanela e molláronse as librerías, os estantes e algúns libros, sen embargo, non pasou nada que non se poda resolver ou que impida que sigamos disfrutando dos libros, da lectura, da maxia...eu son Lusca! e xa vedes o meu sorriso!
Estou agradecida porque debido ao que pasou hoxe dime de conta do moitísimo que me queredes... non é que non o soubera, que o sei...e que encántame recibir mimiños e os rapaces de 4º me fixeron unha carta chea de corazóns e dedicatorias, co seu ánimo!!! Gracias.
XANELA é unha palabra preciosa que significa "abertura feita nunha parede para deixar pasa-la luz e o aire" , e xa se sabe que... despois das tormentas sempre sae o sol e luce un fermoso arco da vella cheo de cores. Enseguidiña esta nosa Xanela abrirase de novo para
todos vós con renovadas ilusións, compromisos, implicacións, ánimos, sorrisos, lealtades dos nosos queridos axudantes, participacións dos profes, dos alumnos, incluso dalgún deses duendeciños que andan gastando algunha que outra trasnada. Xa veredes!!!!
Por certo! díxome Isi, que este venres ían ler Iria e Natalia de 2º, un conto precioso, e claro! con todo esto temos que deixalo para o venres que ven. Xa vos dirá ela o que imos facer coas lecturas en voz alta do venres, de acordo?
Mándovos un bico moi agarimoso. LUSCA.
En situacións de dificultade, como tod@s sabedes, é moi importante sentirse respaldado, por elo, Xanela quere AGRADECERVOS a TOD@S os que con tanta xenerosidade, participáchedes e contribuíchedes a evitar que esta grande molladura, quedase nun leve catarriño, con algún que outro estornudo, en lugar do que se presumía unha gran pulmonía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!