07/10/12

PROXECTO DA BIBLIOTECA XANELA PARA O CURSO 12-13

Quero presentarvos un vídeo  no que ides atopar unha música que de seguro vos soa moito e vos fai sonar...moitos contos da nosa literatura foron levados ao cine por un director chamado Walt Disney, contos coma Brancaneves ou Pinocho...vos soan??
Este ano un novo tema de traballo...que será será???
Algúns de vós xa sabedes de qué vai...outros non...pois, o tema vai a ser O CINE.
A Lusca lle gustaría recibir no seu buzón de lecturas en voz alta da Biblioteca, unha notiña escrita por vós  da película que máis vos gustou e por que...a ver cantos vos animades a escribir...igual hai sorpresa!!! 

1 comentario:

  1. A Amara e a súa familia gustoulles moito a película LORAX. Ten unha mensaxe moi bonita en defensa da natureza.
    Chamounos a atención a cantidade de estudos que demostran que moitos dos contos de walt disney son sexistas e incluso racistas, ainda que parece que estan tentando cambiar un pouco e comezan a facer películas onde as rapazas non son sempre as pasivas e as cursis. Aquí vos deixamos un vídeo que fala sobre o tema http://www.youtube.com/watch?v=bTtyCJV9FOc

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!