22/02/13

PARECE UNHA ROSA

Parece unha rosaJENNY E SARAY DE leron este venres un libro titulado PARECE UNHA ROSA.
Este libro é un álbum que ilustra a primeira parte do poema "Venterapasa" de Rosalía de Castro, do seu libro Cantares galegos. Primeiro reprodúcense todos os versos; logo, recóllese cada unha das estrofas e ilústrase a dobre páxina. Unha nena, Mariquiña, e un neno, Minguiño, son chamados pola voz poética a lavarse na fonte. Despois de lavados, ela parece unha rosa e el un repolo e merecen un biquiño. A afectividade e tenrura cos pequenos, que teñen os "ojitos de groria", a "carita de bruxa" e o "corazón de manteiga", teñen o seu reflexo no traballo de ilustración.
Sobre un fondo de cores suaves, o delicado traballo coas imaxes, figurativas e buscando a expresividade do rostro infantil, centrándose na forza dos ollos, crea un espazo lírico en sintonía co ton popular e o ritmo áxil do verso rimado de arte menor.
Cando empezamos a ler, e comentamos que este libro era un poema de Rosalía de Castro,  AMARA,que é unha preciosa nena de infantil de tres anos, nos dixo que ela se chamaba como a filla de Rosalía de Castro.
aquí a podedes ver entre Saray e Jenny, as dúas lectoras e os axudantes, Hodei e Jaime.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!