24/05/13

A BUFANDA DE DONA MELOSA



Dona Melosa era unha abella moi anciá que se aburría moito. Mentres as mozas saían todas as mañás a traballar fóra da colmea, ela non sabía que facer.
Cansa de estar aburrida, foi comprar la para tecer unha bufanda. Comprou un nobelo de cada cor e como eran tantos fixéronlle unha casa para ela soa no medio do xardín, co tellado vermello e as paredes de mel. Alí tecía día e noite unha bufanda enorme que saíu da casa e mesmo cubriu todas as flores. Entón as abellas non encontraron o néctar para fabricar o mel. Ela seguía tece que tece e a bufanda cubría xa os xardíns veciños e tapara algunhas rúas da cidade.
Por iso as abellas decidiron regalarlle a bufanda á lúa, que sempre tiña cara de frío. Pero dona Melosa seguiu tecendo: xerseis subidos para as xirafas e medias para os flamencos.

Patricia de 6º, fixo unha excelente lectura para o disfrute de pequenos e grandes...moitas felicidades!!!!


1 comentario:

  1. Eu fun á lectura e gustoume moitísimo, Patricia liu moi ben e a historia foi moi entretida. Gustoume moito a lectura.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!