30/10/13

LECTURA NO SAMAÍN

AS TRECE EN PUNTO                    KALANDRAKA

Era arredor da media noite; as doce e cincuenta e nove, para ser exactos. O vento sopraba con forza e a vella casa cruxía e cruxía. A nena miraba pola ventá. Era unha noite tranquila e normal. Pero algo agardaba na casa, naquela casa tan especial. Tic, tac, tic, tac, tic...
Hoxe foron polas aulas uns rapaces de 6º para anunciarnos unha lectura para o recreo, titulada “as trece en punto” e aínda que o conto é para nenos a partires de 7 anos, como era o día de Samaín e no ambiente había misterio, viñeron moitos nenos dende  os de tres anos  ata os de doce anos… e según as axudantes XANELA, fomos un total de 92 nenos e nenas…uuuuuhhhhh, que medo!!!!

Antonela e Alba Mosquera leron  casi ás escuras o conto, cantamos a canción dos esqueletos e aplaudimos terroríficamente ao rematar.

Tres pantasmas traballaron na escena…Rober, David e Giselle.

Moitas felicidades e grazas pola vosa colaboración!!!!
 
 
 

1 comentario:

  1. A min gustoume moito a lectura, e penso que a forma de ler, o tono que lle deron, se notaba que era un libro que tiña que ver co tema (medo, samaín...). E tamén gustoume moito a representación dos fantasmas e penso que lle deu... Coma, un pouco máis de vida á historia os sons que fixeron co aparello que tiñan, coma o grito, os fantasmas... E tamén pareceume fantástica a idea de poñer ao principio a canción dos esqueletos e un pouco de música terrorífica ao principio da lectura.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!