26/04/14

lecturas compartidas

Tanto as familias como os profesores compartimos unha mesma ilusión e un mesmo interese que é que os nosos nenos gocen e se apaixoen cos LIBROS, porque estamos convencidos que a LECTURA fai a individuos máis fortes, máis capaces de enfrontarse ao mundo, máis felices e máis libres.

A animación á lectura non é unha tarefa doada, non hai receitas máxicas que dean un resultado exacto e seguro. 
Conseguir a afección lectora é unha tarefa lenta, de día a día, porque a lectura é un sentimentos que se transmite como todos os sentimentos: POUCO A POUCO e moitas veces por contaxio.

Ademáis, os factores que condicionan a lectura son moi variados: ás veces é a presenza de libros no ámbito familiar ou o exemplo de adultos lectores na familia e no ámbito máis cercano, outras veces é grazas a experiencias satisfactorias de lecturas na clase ou na Biblioteca ou a existencias de infraestructuras públicas que facilitan manter e ampliar o hábito de ler. Sen embargo, a concorrencia de todas estas circunstancias favorables non garante o éxito, xa que igualmente, un entusiasta lector poder xurdir nos ambientes máis desfavorables. 

Este venres compartimos lecturas...e a imaxe fala por sí mesma.



1 comentario:

  1. Foi un día fantástico! Encantoume a experiencia de compartir un conto cos nenos pequenos de infantil. Ademais, era o meu cumpleanos e paseino moi ben, xa que tiven a sorte de que ese día celebraramos o día do libro.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!