21/05/14

NAS LETRAS GALEGAS...

      O xoves 15 de maio, reunímonos para facer algo especial nas letras galegas.



Os nenos e nenas do cole fixeron as súas  aportacións  e queremos compartilas con todos vós.









  • En educación infantil, a clase de 3 aniños,  cantaron unha preciosa canción e convertiron a Díaz Castro na ESTRELA da celebración. 

  • A clase de  6º de eduación infantil, fixeron un ACRÓSTICO con todo o seu agarimo...precioso! 



  • No primeiro ciclo fixeron HAIKUS, poemas de orixe xaponés que se refiren á natureza. 

           Foron traducidos ao galego e adaptados ás fotografías feitas polos nenos e nenas. De todo o traballo fixeron unha montaxe.







  • Dos alumnos e alumnas de  3º escoitamos un bonito poema sobre como pasa o tempo... tic, tac, tic, tac



  • Unha canción titulada "ESA LUS", foi o tema con que os nen@s de 4º nos deleitaron e que podedes escoitar cando vexades as fotos e que dí:







"Esa lus"


Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 


Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus


Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá


Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá


O clase  de 5º preparou un xogo moi divertido no que había que atopar o nome escondido de Xosé María Díaz Castro. Antes de empezar a buscar contáronnos da súa vida e obra. Gustounos moito!!!

Para rematar, en 6º fixeron unha exposición no corredoiro do primeiro andar, con poemas do autor e ilustracións. 



Moitas grazas  a TOD@S polos vosos traballos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!