08/06/14

a Xanela chega a fín de curso

Queridos seguidores da Xanela:


O venres, 30 de maio, a biblioteca estivo chea, moi chea de nenos e nenas con ganas de escoitar o último conto do curso 2013/2014.

Durante todo este ano, Lusca estivo moi contenta porque moitos de vós estivestes eiquí para escoitar, para LER, para disfrutar, para soñar, para rir, para compartir...

Traballamos no proxecto do universo, e aprendemos moitas cousas interesantes ao longo del, e aínda que pudemos ter momentos de desánimo, de preocupación, de medos, de nerviosismo, a ILUSIÓN coa que fixemos as cousas, fixo que todo iso quedase a un lado, porque cando as cousas se fan co corazón, os resultados son óptimos.

Moitas grazas a todos polas vosas aportacións, xa sexan en forma dun graniño de area, xa sean do tamaño da montaña máis alta do mundo mundial.



Espérovos o vindeiro curso, con forzas renovadas e con esa ILUSIÓN E MAXIA, que me alimenta cada día e que fai que o meu sorriso esté sempre con vós

Agora vos deixo coa lectura dos rapaces de 1º. Estiveron todo o ano preparándose para este momento, que para eles era moi importante, e o certo e que o fixeron de marabilla.




COSAS DE OTRO PLANETA é un conto que ensina que estés onde estés, cando colles un libro, podes viaxar, podes soñar, podes atopar a xente de todos os tipos, flores raras, podes cantar, podes facerte amigo do máis insospeitado...en definitiva é un conto especial, feito a medida dos rapaces de 1º, un equipo que atopa nos libros a súa fonte de inspiración.


SE QUEREDES VER COMO SE SENTIRON OS RAPACES DE 1º ANTE A LECTURA NA XANELA VISITADE O SEU BLOGUE   

NA ENTRADA QUE DI:  " y llegó el día tan esperado"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!