13/11/14

SAMAÍN...HALLOWEEN...UNHA MAÑÁ DE MEDO!!!

30 de novembro...
Unha mañá na que o pasamos de medo!!!

Por unha banda, todo o cole cheo de teas de araña, morcegos, portas tenebrosas...

Por outra, grupos de rapaces e rapazas de 6º foron clase por clase xogando a "TRUCO OU TRATO...TRICK OR TREAT" para festexar ao mesmo tempo o noso Samaín e o coñecido Halloween. Houbo doces pero tamén sorpresas...!







Amais, nesta xornada e da man do noso proxecto deste ano "Os nosos maiores", todos os grupos contaron coa presenza de fantásticos contacontos con lendas, retrincos e contos de antigo para darnos un chisco de MEEEEEDDDDOOOOO!!! Grazas a todos!


Os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos a visita de dous avós, dous pais e un tío:
Felipe, o avó de Helena; Nana (Patricia), a avoa de Patri; Pepe e Luchi, os pais de Lola e Edu, tío de Patricia.
Estivemos na sala chamada NOITE ESCURA e todos xuntiños escoitamos o conto do TRAGALDABAS, o conto da FIGUEIRA DE PELOSTORTOS, a lenda da Santa Compaña e un conto en inglés titulado HAPPY HALLOWEEN, MAX AND RUBY!
Deixámosvos a gravación dos contos para que os poidades gozar en familia.



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tivemos a sorte de ter dúas contadoras marabillosas, Mari Carmen, a avoa de Brais (3º) e Sara, a avoa de Sara (4º).
A avoa de Sara contou a historia "O gato negro" de Edgar Allan Poe, terrorífica e sanguenta.
A historia da avoa de Brais foi máis "doce", narrou o que facían de pequenos no seu pobo, Mondoñedo. Ían ao cemiterio e comían "torradas". Lembrando isto, trouxo para todos unha boa cantidade de saborosas "torradas". 
Foi unha sesión de contos terrorificamente doce. Grazas AVOAS!





Dentro do ciclo de contos terroríficos do noso colexio, a clase de 5º, recibiu a visita do contador moneterrosino "Pacior Pequeno", que nos trasladou nos seus contos á Galicia máis sobrenatural e misteriosa, contando historias de tradición oral, recollidos nas comaracas de VAL DO DUBRA, BERGANTIÑOS, A LIMIA e a súa ULLOA natal.

Amais, os alumnos e alumnas de 6º por enteiro foron CONTACONTOS de altura! Velaquí unha achega das súas grandes habilidades! GRAZAS POR ESTA DIFERENTE E SORPRENDENTE XORNADA!!!




2 comentarios:

  1. Aos nenos e nenas de 1º encantounos ver os videos son fantásticos.Nawel di que daban moito medo

    ResponderEliminar
  2. MOITAS GRAZAS, LUZ POLO TEU COMENTARIO. ENCÁNTAME SABER QUE AOS NENOS E NENAS DE 1º LLES ENCANTOU VELOS VIDEOS...POR CERTO, NAWEL, A MIN TAMÉN ME DERON MOITO MOITO MEDO. BICOS.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!