22/04/15

23 de abril día do libro



Da nube inmensa das letras
choven a miúdo palabras illadas
sobre a terra fértil que aboaches.

Xerminan versos,
poemas, contos e fábulas,
crecen historias,
crecen relatos
e lendas de tempos pasados...


e agora tes a colleita ante ti:

LIBROS que por San Jordi,
polo día do libro,
polas bibliotecas escolares,
polas librerías,
polos andéis...

TODO O INUNDARON.

2 comentarios:

  1. Temos uns nenos un pouco sosos, je je. Cantei eu máis ca eles hoxe pola mañan!!!!
    En calquera caso moitas grazas pola importancia principal que lle dades aos libros, a ler, á bibilioteca, as lecturas colectivas e silenciosas, á Xanela. Facedes un traballo moi bonito e importante. Bicos e disfrutade do día do libro.

    ResponderEliminar
  2. María, para a Xanela é moi importante que ti cantes así como todos os teus comentarios das nosas entradas no blogue.
    Fainos moi felices!!!
    Agradecemos o teu recoñecemento e coincidimos contigo na importancia que teñen os libros para o desenvolvemento dos nenos e nenas a todos os niveis.
    Bicos lectores para ti e a túa familia.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!