15/05/15

CO DEDO NO NARIZ, POR MARCOS E ANTÓN DE 5º

O elefante encantáballe furgarse no nariz e a ratiña, a súa veciña, tamén lle gustaba moito. A rá tamén lle tería gustado meterse o dedo, pero a súa nai non a deixaba...estes sons algúns dos personaxes que DANIELA KULOT presenta neste relato que tanto lles gusta aos nosos nenos e nenas...e tamén a algúns que non somos tan nenos ou nenas!!!!

Venres, día 8 de maio, na Xanela:

nesta ocasión a lectura está interpretada por dous chicos de , Marcos e Antón.


Preparárona con moito agarimo e representárona con marionetas.


Antón amosa a súa habilidade manexando os bonecos e tanto Marcos como Antón mostran a súa destreza na lectura en voz alta.



Moitos parabéns!!!!

2 comentarios:

  1. Moi boa lectura e conto moi divertido!!!
    Moitas gracias polo voso traballo na biblioteca e por publicalo para que as familias poidamos velo na casa.
    Seguide así!!!
    Blanca e Alfonso

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Isi, quedou precioso o video da lectura.

    Un abrazo
    Marta

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!