26/10/15

3, 2, 1... COMEZAMOS!

3, 2, 1... Comezamos!

O venres 23 de outubro inhauguramos as lecturas en voz alta "tannnnnnnnn esperadísisisisisisimas" cunha grande expectación, apoio e moito agarimo!

Confiamos en que sexades uns incondicionais desta a vosa biblio!!!

Grazas a Brais, Carla e Michelle por este teatriño sobre como superar con enxeño as adversidades grandes e pequenas!

















4 comentarios:

  1. Antes que nada, como oín que o equipo da Xanela cambiou, vou dicir que son unha anitga alumna do Sanjurjo, agora estou en 2º de ESO e moi orgullosa de ter estudado nesta escola. Estou ultimamente ata arriba de exames pero entre tanta tarea comecei a pensar como iría a Xanela, e se aínda estarían a facer as lecturas en voz alta os venres. Por sorte teño contactos aínda no cole dalgunha nena de terceiro ou de primeiro e xa me contaron. Como boto de menos a biblioteca! Houbérame gustado moito ir a ver a lectura. Unha pena que o tempo pase tan rápido. Aínda me lembro cando aínda tiña a idade dos lectores que fixeron a lectura deste pasado venres. Senta ben volver a entrar no blogue da Xanela, lembrar antigos momentos e ver como segue a crecer esta gran sociedade de pequenos lectores que temos no cole. E dá gusto ver que, por moita tarefa que haia, sempre queda algun oco para a lectura. Veño a mandar moitísimos saúdos a todo o grupo da Xanela e a animar a que a nosa biblioteca siga así por moito tempo e que Lusca sempre quede aí gardando as historias de todos os nenos e nenas do Sanjurjo. Moitísimos saúdos ao equipo, a Alba, que espero con moita ansia coñecela algún día xa que a miña irmá Marta faloume moi ben dela, a todas as profes do cole, aos peques que aínda estén comezando a mergullarse no mundo da lectura e, sobre todo, ao antigo equipo da biblioteca, que me deron a coñecer a Lusca e coas que crecín moito como persoa, alumna e lectora desde que cheguei en 1º de primaria. Téñolles moito agarimo e mándolles infinidade de saúdos e bicos e espero que a Geni, e ás miñas antigas profes Luz e Isi lles vaia moi ben no equipo directivo. Quérovos moitos e xamáis esquecerei o que aprendín na Xanela con vós e con Lusca. Atentas por se algún día paso para visitar a biblioteca nalgún oco libre que teña (avisarei a Luz previamente para que o poidades saber, xa que me topo con ela todas as mañás)! Moitos bicos a todos!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, Anna polas túas palabras. Aínda que estás cargada de exames buscas o tempo para pensar e escribir os teus valorados comentarios. É unha sorte, como ti dis, ter contactos no cole, ademáis da túa irmá, Marta, coa que falas de moitas cousas. Entendo que botes de menos a biblioteca, sin embargo, pensa que ti formaches, forams e formarás parte dela na que puxeches, pos e poñerás a túa marabillosa aportación. Tes moita razón en que por moita tarefa que teñamos sempre hai un oco para ler.
      Grazas polos saúdos e grazas polos ánimos. Alba tamén estará encantada de coñecerte polo que podes vir cando queiras...esperamos noticias a través de Luz...Nós tamén te queremos moitísimo, ti chegaches ao cole o mesmo ano que eu cheguei ao Sanjurjo e empezamos xuntiñas a nosa andadura. Eu tamén aprendín moito de ti e o teu pai trouxo as lombrigas á clase, lémbralo?
      Esperámosche!!!
      Moitos bicos, dulce Anna.

      Eliminar
  2. Hola. Soy Noa Pardiñas. He ido a vuestra lectura y me ha gustado mucho la idea del teatrillo y las marionetas. Lo habeis hecho muy bien los tres y las marionetas estaban super bien elaboradas.
    ¡ME HA ENCANTADOOOOOOO!

    ResponderEliminar
  3. Soy Lucia Bedoya buestra lectura fue chlisimAAA.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!