26/10/16

Un fantástico Día da Biblioteca!

O pasado luns foi un día moi importante no noso cole: a biblioteca Xanela abriu as súas portas
O acontecemento coincidiu coa celebración do Día da Biblioteca, data que non podíamos deixar pasar por alto. 
E alí, na Xanela, estiveron todos os nenos do centro para conmemorar tan importante día.
Xa sabedes que a biblioteca ten a capacidade de trasladarnos a lugares fantásticos e marabillosos pero tamén é unha estupenda máquina do tempo que nos pode levar a outras épocas. E iso foi o que sucedeu, trasladámonos aos anos cincuenta para escoitar un marabilloso conto radiado, tal como facían os nosos avós cando eran pequenos. Así que abrimos ben as orellas... pechamos ben a boca... e a maxia de Garavanciño invadiunos... fíxonos rir... emocionounos..
No seguinte enlace podedes escoitar de novo o conto e comentalo na clase: conto radiado.
Tamén tivemos a sorte de escoitar aos compañeiros de 6º, que nos agasallaron cunha peza musical, "Sueño celta". 
E para rematar temos un mural na entrada do cole con todas as vosas opinións sobre a biblioteca Xanela. Hai verdadeiras preciosidades e sobre todo moito traballo. Moitas grazas a todos!
Non vos parece un comezo espectacular?
Agora xa só nos queda visitar a diario a nosa Biblio! 
Esperámosvos!



1 comentario:

  1. Carlos,de quinto13:59, 10/11/16

    Xa coñecía este conto pero aínda así gustoume moito,paréceme un comezo espectacular.
    Grazas por todo¡¡

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!