17/02/17
Xa é venres: toca lectura!
A lectura en voz alta dos venres é unha das actividades máis antigua da biblioteca Xanela e todos nos sentimos moi orgullosos dela. Dá gusto ver como os rapaces e rapazas van a cotío á biblioteca para preparar a súa lectura, como preparan con moito agarimo o mural de presentación...
Hoxe Yara, Nati e Christian de 4º curso leron "O traxe de luces", unha historia que nos fai reflexionar sobre o trato aos animais: un torero vai empezar torear pero os touros non se presentan na praza... Que pensades que ocurrirá? Buscádeo na nosa biblioteca!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aproveita esta xanela e cóntanos algo!