26/04/17

I Maratón de Lectura no Sanjurjo!

Este curso, para conmemorar o Día do Libro, o equipo de biblioteca organizou unha marabillosa maratón de lectura. Dende as nove ata as dúas da tarde (toda a xornada lectiva) a biblioteca Xanela estivo chea das voces dos alumnos e familiares voluntarios que nos trouxeron anaquiños das súas lecturas favoritas. Grazas a eles descubrimos unha chea de novas historias que seguro incorporaremos aos nosos desexos.
Pasaron todos os cursos pola Xanela. Dende aquí damos as grazas a todos aqueles que participaron. E por suposto, todo funcionou moito mellor polo estupendo traballo dos nosos axudantes Xanela.
Maratóns destas... todos os días!





2 comentarios:

  1. Moitísimas grazas por esta iniciativa. Foi un pracer escoitar os noso nenos e nenas, desfrutar das lecturas e comentarios doutros pais,interesantes e educativos e por suposto ler diante de tantos ollos con ilusión polo que ven e escoitan. É fantástico. Mil grazas.

    ResponderEliminar
  2. Foi un pouco larga pero foi moi divertida , unque alunhas lecturas foron raras

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!