Os nenos de 5º e 6º estiveron a ler durante este trimestre "A illa de todas as illas" de Xabier P. Docampo. Nesta historia, tres rapaces chegan cos seus pais a unha illa que non ten nome, pero á que todos chaman A Navalleira. Os mariñeiros contan que se escoitan voces e que a habitan seres como os das ilustracións dos libros antigos. Simón, Serafín e máis Sara percorrerán esta illa e descubrirán algúns dos seus segredos.
Despois de ler a historia e de celebrar a xa nosa habitual tertulia literaria, tivemos ademais a sorte de contar coa visita do autor que nos falou dunha chea de cousas relacionadas co seu libro, coa vida, coa sociedade... Todos o escoitamos abraiados polo que nos contaba e hipnotizados polas súas historias. Tamén nos amosou os seus tesouros e nos explicou por que para el son tan importantes estas aventuras que transcorren en illas: Robinson Crusoe, Venres, A illa misteriosa, A illa do tesouro... Canto nos queda aínda por ler!
Foi un pracer e un honor contar coa presenza deste autor tan importante no panorama literario galego. Moitas grazas!
![Mostrando 20170613_114430.jpg](https://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&ik=6ae2c81a7d&view=fimg&th=15cb0adf7e187ea3&attid=0.1&disp=inline&realattid=1570360813514915840-local0&safe=1&attbid=ANGjdJ9PHa9Y2ORaYkqOymOaahI7l78gdxBqOtLyTEUVXPvDL2U8RIYGXZXXzGABkoCCKUWb1koDVjRFqrKC71RzUVk2-5vLHbAOqkkqOqmAAXeRsyYZjJBj058RbPw&ats=1497612813951&rm=15cb0adf7e187ea3&zw&sz=w1366-h700)
![Mostrando 20170613_103213.jpg](https://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&ik=6ae2c81a7d&view=fimg&th=15cb0adf7e187ea3&attid=0.3&disp=inline&realattid=1570360813514915840-local2&safe=1&attbid=ANGjdJ8sfnyrxC-c-Po7KJdt09M_RAc6kWfqHTzgSWU4sjLb1WkOsagW1F4mcRKiPN54am1bFx-7jcNvA2vrfOkc6tCabgOHZoEL6Y555E9D4KWDnk8NBmUSqY0KcmM&ats=1497612813951&rm=15cb0adf7e187ea3&zw&sz=w1366-h700)
A súa charla foi xenial.
ResponderEliminarEncantoume ver a Xabier P. Do Campo. Foi moi interesante todo o que nos dixo.
ResponderEliminar´´A illa de todas as illas`` é unha novela moi divertida,e, polo tanto cando veu o autor pasámolo moi ben.
ResponderEliminar