14/03/20

Novo programa de Radio Xanela!

Ola rapazada!

Como ides? Agardamos alegrar o voso día con este programa de radio recén saído do forno.

É un gusto enorme desfrutar de todo o que traballades na Radio Xanela, desta volta atoparedes unha sección na que falan de tres ilustres mulleres, tamén unha zona para lembranzas e conmemoracións, outra sobre literatura, sen esquecer as novas ou o proxecto Eco-lóxica-mente e todo fantásticamente dirixido polo alumnado de 5º.

Ademáis, no medio da sección de 6º atoparedes unha marabillosa sorpresa poética... Sabedes decir a que curso pertencen as crianzas que recitan á nosa Rosalía?? 

Si é que os recén chegados xa se dan unha maña cos micros que da gusto!!




Sabemos que estamos nuns días un pouco raros pero pedímosvos que permanezades atentos/as a este blogue (e se queredes tamén ao instagram da biblio) e claro á web do cole porque prometemos un montón de propostas, retos, ideas, recomendacións... e pediremos colaboración! tamén prometemos  escoita, comunicación...por favor, sintónizadenos e difundide! 💜

Mantédevos na casiña, sede moi bos e boas e coidádevos, pronto pasarán os días e voltarán os achuchóns, carreiras, risas, falcatruadas e aprendizaxes ás nosas aulas.

Noraboa por este pedazo de programa de radio, xa temos o seguinte en mente aínda que sexa a distancia así que... xa veredes será divertido!

Querémosvos moito!

2 comentarios:

  1. Bos días gustounos moito escoitar ás nosas compañeiras e compañeiros. Grazas Xanela por achegar tanta luz á nosa casa.
    Bicos!!!! Todo vai sair ben

    ResponderEliminar
  2. Bos días, gustounos moito o programa, escpitar ás nosas compañeiras e compañeiros. Grazas Xanela por encher de luz a nosa casa. Bicos a todas!!!!

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!