07/06/20

Orgullosas!

Todos sabemos que "os armarios son sitios frios, escuros e que.... CHEIRAN A RANCIO!", como escoitamos no contacontos do Planeta LGTB (grazas ANPA!)



Non podiamos deixar pasar xuño sen salientar as conmemoracións do ORGULLO na nosa escola.





Tal día coma hoxe, 8 de xuño, en 1901 casaron na igrexa de San Jorge da Coruña Elisa e Marcela, como o fixeron? Coñeces a súa historia? desde a biblio Xanela animámoste a descubrir algo máis sobre estas dúas mulleres.



Que che parece a historia? O matrimonio homosexual non foi legal no país ata o ano 2005, parece mentira! Imaxina todas as parellas que tiveron que loitar contra esta situación, elas son só un exemplo entre tantos... Que outros referentes LGBT coñeces? Se queres compartir algúns nomes e historias para que recoñezamos a súa valía podes contalo nos comentarios desta entrada!



E...agora que coñeces un pouco da historia de Elisa e Marcela... que che gustaría dicirlles? Escríbelles unha mensaxe en formato telegrama.


INFO IMPORTANTE:

Podes mandar o teu telegrama a biblioxanela@gmail.com

AQUÍ podes descargar a plantilla do telegrama por se a queres empregar

AQUÍ podedes acceder ao boletín A Xanela de xaneiro no que recomendamos lecturas relacionadas!

AQUÍ podes acceder á guía para a "educación sexual con peques desde a familia " do servizo de educación e atención sexual para xóvenes.

4 comentarios:

  1. Na miña familia teño unha tía que se casou con outra muller. levan moitos anos xuntas, e fixeron unha festa para a familia para celebrar a boda. son as miñas tías Adela e María.
    Un saúdo:

    Darío López Seguín

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por achegarnos a historia das túas referentes máis próximas!! :) <3

      Eliminar
  2. OUTROS REFERENTES LGTBQI+


    Durante o 28 de xuño de 1969, nos disturbios de Stonewall, hai que destacar a dúas mulleres transexuais que foron Sylvia Rivera e Marsha P. Johnson, unha muller transexual e outra drag queen que non encaixaban na normalidade.

    Moitas das persoas que participaron nesos disturbios eran coma elas Marsha e Sylvia, transexuais, negras e hispanas e non se lles deu importancia ata anos despois, que se recoñeceron como defensoras dos dereitos das persoas LGTBQI+ (lesbiana, gay, transexual, bisexual, queer, intersexual e o + refírese a outras identidades de xénero, como son as persoas asexuais).

    Teño dúas amigas da miña nai que son Antía e María que teñen unha filla que se chama Julia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Roi! Grazas por achegarnos un pouco de historia, tan importante! Tamén información e ademáis referentes próximos! unha aperta! :)

      Eliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!