27/05/21

Gañadores/as do Certame Literario A Xanela 2021

Hoxe traemos ao blogue da biblio as obras gañadoras do Certame Literario A Xanela 2021



Velaquí tedes os agasallos que recibiron os alumnos e alumnas premiados e premiadas á esquerda e os agasallos para os participantes á dereita. Parabéns a todos e todas polos vosos traballos!:




O xurado do Certame quixo en esta ocasión salientar o traballo feito por unha alumna de terceiro curso, concedendo unha mención de honra a Eva Lires Crecido polo seu poema "Un caracol facendo o Camiño"



O gañador en Primeiro de Educación Primaria foi Diego Torreira polo seu álbum ilustrado titulado "O Camiño inundado".



Eire Quintela Rodríguez foi a gañadora co seu cómic "O Camiño das linguas" en Segundo de Primaria.



En Terceiro curso de Educación Primaria,  Antón Mariñas Veira resultou gañador na categoría de poesía co poema titulado "O Camiño".



En Cuarto de Primaria a categoría foi conto e o gañador en este curso foi Pedro Llamas Bermúdez co traballo titulado "O camiño imaxinario".



O teatro foi a categoría dos traballos de Quinto curso de Primaria, en este apartado resultou gañador Carlos Espiñeira Pravía pola obra titulada "Don Escarb e a vieira de ouro".



Finalmente os alumnos e as alumnas de Sexto curso presentaron os seus traballos no apartado de narrativa, sendo a gañadora Xoana Barilac Calvo con "Contos de mamá".


Queremos animar dende a Biblio Xanela a todos e todas para que o próximo ano presentedes de novo os vosos fabulosos traballos. Sorte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!