- Se queremos ir á biblioteca, imos directamente dende a clase.
- Temos que merendar antes de entrar na biblioteca. Á entrada temos o "punto de merenda" supervisado polos colaboradores.
- Cando entramos na biblioteca movémonos tranquilamente e falamos baixiño. Non olvidamos recoller o noso marcador.
- Se queremos saír da biblioteca podémolo facer pero logo non poderemos volver subir a ela.
- Cando remata o recreo facemos unha fila e os colaboradores diranos cando podemos ir para a clase.
- Podemos estar nos ordenadores en turnos de 15 minutos.
05/11/09
Lectura nos recreos
Dende a semana pasada a nosa biblioteca xa funciona nos recreos e a verdade é que a cousa vai moi ben. Son xa un bo grupo de nenos e nenas as que se achegan á biblio para disfrutar dun tempo tranquilo de lectura, para consultar os blogues do cole ou para facer algún traballo en equipo. Os rapaces e rapazas de 6º están colaborando na organización e tamén o están facendo realmente ben: axudan aos máis pequenos, manteñen a orde, colocan os libros... Todos estamos aínda aprendendo unhas cantas normas de funcionamento:
03/11/09
Magosto na Coruña
O vindeiro sábado temos moitas posibilidades para o noso tempo de ocio. O concello celebra o Magosto na Coruña. Podemos empezar pola mañá no MACUF ás 12:00 do mediodía cun obradoiro de creación de zonchos e tallado de cabazas. Logo ás 13:00 horas, tamén no MACUF, poderemos compartir un tempo con Pepe Carreiro, o ilustrador dos Bolechas.
A quen non lle dea tempo a ir ao MACUF ou pense que lle quede moi lonxe, non vai ter excusa pola tarde porque ás 17:00 horas empeza a festa na Cidade Vella, na Praza de Azcárraga (antigamente chamada a Praza da Fariña). Tamén haberá tallado de cabazas, títeres, encontro con Pepe Carreiro... Ata un roteiro de calaveiras iluminadas polas rúas da Cidade Vella!!! Non volo podedes perder!
Máis información na axenda do Concello.
Aquí vos deixo a programación para esta fin de semana. Xa vedes que hai moitas máis cousas... E para toda a familia!
PROGRAMACIÓN ATÉ O SÁBADO

30/10/09
Samhaín, Samhaín!!
Qué día, chic@s! Hoxe no colexio todo foi movemento, medo, sustos, máis medo, máis sustos... Todas as clases pasaron polo Salón de Actos para disfrutar da fantástica exposición de cabazas elaboradas polo alumnado e as súas familias. E vaia nivel de participación!! Nada menos que 92 cabazas! Moitas grazas a tod@s. Toda a organización correu a cargo do Equipo de Actividades Complementarias e o de Normalización Lingüística que se ocuparon tamén de decorar os corredores do colexio. Dende a Biblioteca colaboramos con sesións de contacontos, esta vez de medo como non podía ser doutra maneira, por suposto! Tamén montamos unha pequena exposición de libros sobre o tema. A min encantoume ter a toda a rapazada na nosa biblio. Iso si, estiven un pouco asustadas coas historias que nos contaron as profes. Aquí vos deixo unhas fotos para que o disfrutedes de novo.
28/10/09
Chega o Samhain!
Como todos os anos chega o Samhain ao noso cole e temos preparadas unha morea de actividades: exposición de cabazas, contacontos na biblioteca, murais, obradoiros... Non estades nerviosos? Ufff, eu estou que non respiro! Qué ganas teño de que chegue o día!
Aquí vos deixo un vídeo para que vaiades abrindo boca.
Aquí vos deixo un vídeo para que vaiades abrindo boca.
27/10/09
Guías de lectura
Interesante sobre todo para os adultos que queiran coñecer algo máis sobre os libros destinados aos máis pequenos.
13/10/09
Blog interesante
Belén, a nova profe de inglés deste curso, fálanos dun blog moi interesante onde podemos atopar diferentes recursos: contos, vídeos, manualidades... Ademais ten enlazados moitos outros blogs e páxinas tamén moi útiles. Botádelle unha ollada e a ver qué vos parece! Grazas, Belén.
Por certo, se atopades algún enlace que vos parece axeitado para este blog non deixedes de dicírnolo. O mellor é que enviedes o enlace por correo
05/10/09
Un novo curso cheo de ilusións!
Xa estamos de volta!!
Temos pensadas un montón de cousas para este novo curso que comeza a andar: lectura en voz alta, contacontos, autores, traballo coa formación documental e formación de usuarios, informatizar os fondos... Ufff! Agota de só pensalo! Pero pouco a pouco iremos facendo camiño así que non desesperedes.
Para empezar, este mes, ademais de comezar cos préstamos temos a celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares e queremos que nos axudedes. Qué ideas tedes para conmemorar ese día tan especial? Deixade os vosos comentarios e tomarei boa nota.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)