05/11/09

Lectura nos recreos

Dende a semana pasada a nosa biblioteca xa funciona nos recreos e a verdade é que a cousa vai moi ben. Son xa un bo grupo de nenos e nenas as que se achegan á biblio para disfrutar dun tempo tranquilo de lectura, para consultar os blogues do cole ou para facer algún traballo en equipo. Os rapaces e rapazas de 6º están colaborando na organización e tamén o están facendo realmente ben: axudan aos máis pequenos, manteñen a orde, colocan os libros... Todos estamos aínda aprendendo unhas cantas normas de funcionamento:
  • Se queremos ir á biblioteca, imos directamente dende a clase.
  • Temos que merendar antes de entrar na biblioteca. Á entrada temos o "punto de merenda" supervisado polos colaboradores.
  • Cando entramos na biblioteca movémonos tranquilamente e falamos baixiño. Non olvidamos recoller o noso marcador.
  • Se queremos saír da biblioteca podémolo facer pero logo non poderemos volver subir a ela.
  • Cando remata o recreo facemos unha fila e os colaboradores diranos cando podemos ir para a clase.
  • Podemos estar nos ordenadores en turnos de 15 minutos.
Aquí vos deixo unhas fotos destes primeiros días.

6 comentarios:

  1. encantame a biblioteca

    ResponderEliminar
  2. ola:
    Supoño que a lectura no recreo de este ano vai ser tan divertida coma o ano pasado. Tamen espero que se ofrezan moitos nenos.

    BICOS

    ResponderEliminar
  3. Andrea Vázquez e Zineb11:23, 10/11/09

    Que ben esta o dos recreos na biblioteca para os días de frío e de choiva.
    Moito bikos!!!

    ResponderEliminar
  4. Andrea c.v.15:46, 10/11/09

    Ola,
    Encantoume o video! ademais eu salgo moitas veces, jejeje
    A biblioteca funciona moi ben, mañan son eu a axudante, jejeje.

    ResponderEliminar
  5. Yérica e Ainhoa 5º11:40, 20/11/09

    As fotos da biblioteca gustanme moito e son moi chulis, ademáis estamos deixando este comentario dende a biblioteca "XANELA".

    Bicos e apertas!!!!!!

    Yérica e Ainhoa********

    ResponderEliminar
  6. Yérica 5º11:56, 24/11/09

    Hoxe e o cumpreanos de Vicky de 5º e gustaríanos que toda a xente do cole le cantara cumpreanos feliz!!!
    Vicky está moi ilusionada porque as súas amigas lle temos unha sorpresa!!!

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!