20/09/10

A MAXIA CHEGOU AO NOSO COLE!

Esta mañá contamos no cole cunha actuación estupenda. Durante case unha hora estivemos a disfrutar da maxia da man de MYSTER YURGEN E FLORETTE, que chegaron directamente de Francia para facernos rir e asombrarnos con todo o que facían aparecer e desaparecer no escenario do noso Salón de Actos.



A actividade foi promovida pola Concellaría de Cultura de A Coruña e enmárcase dentro da Semana Internacional do ilusionismo que se celebra na nosa cidade dende o 18 ata o 26 de setembro.

Aquí podedes consultar a programación para ir coas vosas familias. Non lle perdades a pista!

Tamén podedes participar nos obradoiros de iniciación á arte da maxia que se celebran nas bibliotecas municipais e na Fundación Caixa Galicia. Só tedes que inscribirvos!

Aquí vos deixo unha foto do momento

05/05/10

LETRAS GALEGAS 2010. UXÍO NOVONEYRA



Xa estamos no mes das Letras Galegas e a actividade séntese por todos os corredores do noso colexio. Todas as clase andamos a investigar a figura de Uxío Novoneyra, poeta homenaxeado este ano, e lendo as súas poesías. Uxío Novoneyra naceu ademais nunha terra preciosa, O Caurel, feito que podemos aproveitar para investigar tamén unha das zonas máis impresionantes da nosa Galicia. Moitos son os centros e organismos que levan meses preparando actividades sobre o autor e que deberemos consultar para ampliar información ou, simplemente, para disfrutar lendo. Tedes os enlaces nesta mesma entrada. Moitas grazas a todos eles por compartir o seu traballo.
Letras Galegas. Historia (Vieiros)
Páxina web do autor
A Serra do Courel
Uxío Novoneyra. Liña do tempo
Uxío Novoneyra. (Real Academia Galega)
Páxina de recursos do Seminario Galán.
Vídeos e outro material didáctico (Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística)
"Gorgorín e Cabezón" (Unidade didáctica)
Unha chea de recursos (CEIP Friáns-Teis)
Webquest 3º ciclo (CEIP de Andrade)
Recompilación de actividades por ciclos (Biblioteca do CEIP de Malpica)
Blog sobre o autor (elaborado por un grupo de alumnos de 1º BAC)

23/04/10

FANTÁSTICO DÍA DO LIBRO!

Que ben o pasamos hoxe e cantas cousas aprendimos! Todo o colexio estivo en movemento esta mañá! Foi deses días que che gustaría que se repetisen unha morea de veces.
Xa sabedes que lle adicabamos o Día do Libro á figura de Rosalía de Castro porque se cumplían 125 anos dende o seu pasamento. Todas as aulas fixeron un traballo espléndido: murais, recital de poesías, dramatizacións, xogo da oca, unha web para a nosa intranet, cancións, un xogo de relacionar... E todas esas cousas as presentamos hoxe na Biblioteca do cole ou nas aulas. Todos pasamos por todas partes! O máis bonito foi ver a mestura de niveis e cómo os maiores axudaban aos más pequenos a resolver os misterios... Ou ao revés! E hai que ver todo o que aprendimos sobre Rosalía!
Tamén fixemos unha chea de fotos. Aquí vos deixamos unha mostra! Nos vindeiros días colgaremos máis no álbum. Estade atentos!


22/04/10

Rosalía no noso cole!

Hoxe tivemos unha visita moi, pero que moi especial! Nada máis e nada menos que ROSALÍA DE CASTRO! Si, si, así como o estades a ler. E a de cousas que nos contou! Falounos da súa vida, dos seus fillos, da súa poesía, de cómo botaba de menos Galicia cando tivo que marchar fóra... Tamén cantamos con ela algún dos seus poemas. E aínda fixemos caligramas con algúns dos seus versos!
Todo isto na nosa biblioteca. Estabamos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º e moitas mestras acompañando esta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello.
Mirade, mirade as fotos!

14/04/10

Traballando a Rosalía


O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro. No noso centro aproveitamos estas datas para investigar e afondar sobre a vida e obra de Rosalía de Castro xa que este ano se cumpren 125 anos do seu pasamento.
Todas as aulas están a facer un traballo sobre a autora que amosarán aos demais compañeiros o 23 de abril. Temos moita curiosidade por ver o que están a facer!



Deixámosvos aquí algúns enlaces que vos poden axudar:
Rosalía na wikipedia
Web da Fundación Rosalía de Castro
A súa obra
Webquest sobre Rosalía (3º ciclo)
Blogue Son de Poetas
Webquest sobre o Día do Libro
Outra webquest sobre o Día do Libro

14/03/10

Os pequeniños de Educación Infantil tamén len!

Un grande acontecemento na nosa biblioteca Xanela! Por primeira vez, na actividade de Lectura en Voz Alta, son os alumnos e alumnas de 5 anos os encargados da lectura no recreo. E hai que ver o ben que o fixeron! Non só leron estupendamente senón que ademais nos trouxeron as súas propias ilustracións do conto "Queres xogar comigo?" Que non o credes? Pois non tedes máis que mirar as fotos! Proximamente colgaremos o vídeo. Estade atentos!