24/06/13

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

ENLACES:

Guías de lectura para o verán 2013
Recomendacións da editorial S.M. 
Consejos de lectura para o verán.
Banco del libro

Queridos nenos e nenas:
Chegamos ao fin de curso e con él todos os mestres e mestras do colexio queremos desexarvos unhas boas vacacións. Dende a XANELA queremos deixarvos unha serie de enlaces aos que podedes acceder ás recomendacións de lecturas para o período vacacional. Que as disfrutedes. Un biquiño para tod@s.

09/06/13

Na recta final!!!

Querid@s nen@s e profes: Xa queda moi pouquiño para chegar á recta final, así que MOITO ÁNIMO!!! Como o cine, en definitiva, é MAXIA, deíxovos unha divertida historia para que riades un pouco e pensedes que non sempre é como se empeza senón como se remata...Se trata do primeiro traballo como director do animador DOUG SWEETLAND, que tamén traballou en RATATOUILLE
Disfrutádea. Gracias, Marga!

30/05/13

Un gato na árbore

Hoxe rematamos as sesións de lectura en voz alta cos alumnos de 6º: Moncho, Ana, Ainhoa e Marcela que nos fixeron gozar co conto titulado UN GATO NA ÁRBORE.
Fixérono  moi moi requetemiau de ben...moitos parabéns aos catro.


                                                   
Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…

A ilustradora francesa Géraldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible á dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atención sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. Géraldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.


28/05/13

Georges Méliès


Lembrades a película de Georges Méliès, que puxemos nos cortos de entroido nun dos obradoiros???
Pois, o  vindeiro 5 de Xuño, no teatro Colón, podedes ver o CINE-CONCERTO GEORGES MÉLIÈS.
Volve o (S8) e faino con máis forza que nunca cunha cuarta edición cargada de novidades. A mostra inaugurarase cun espectáculo inédito en Galicia no que os descendentes de Georges Méliès emprenden una viaxe xunto aos espectadores ás orixes da ficción cinematográfica. Títulos como EL HOMBRE DE LA CABEZA DE GOMA, BARBA AZUL ou a arquicoñecida VIAJE A LA LUNA, componen unha sesión que revive as primeiras proxeccións do cinematógrafo no París de prinicipos do século XX. A narración orixinal, deseñada polo propio Méliès, está interpretada pola súa bisneta MARIE-HÉLÈLNE LEHÉRISSEY. O seu tataraneto, LAWRENCE LEHÉRISSEY, acompaña ao piano cada unha das pezas.

LEMBRADE...MÉRCORES 5 DE XUÑO
HORARIOS: 20:30
 







 
PRENSAPRENSA

24/05/13

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES



LECTURA DE  BREIXO E AGUSTÍN DE 4º: A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES
Agustín e Breixo, de 4º, leron o conto da quenlla que disfrutamos coma sempre na Xanela. 

"No máis fondo do mar vivía unha quenlla branca, gorda como unha balea, que de vella que era xa non lembraba a súa idade. Como era moi despistada, unha noite pegoulle tal mordida a unha pedra, confundíndoa cunha saborosa madalena, que alá lle foron os dentes..."


A BUFANDA DE DONA MELOSA



Dona Melosa era unha abella moi anciá que se aburría moito. Mentres as mozas saían todas as mañás a traballar fóra da colmea, ela non sabía que facer.
Cansa de estar aburrida, foi comprar la para tecer unha bufanda. Comprou un nobelo de cada cor e como eran tantos fixéronlle unha casa para ela soa no medio do xardín, co tellado vermello e as paredes de mel. Alí tecía día e noite unha bufanda enorme que saíu da casa e mesmo cubriu todas as flores. Entón as abellas non encontraron o néctar para fabricar o mel. Ela seguía tece que tece e a bufanda cubría xa os xardíns veciños e tapara algunhas rúas da cidade.
Por iso as abellas decidiron regalarlle a bufanda á lúa, que sempre tiña cara de frío. Pero dona Melosa seguiu tecendo: xerseis subidos para as xirafas e medias para os flamencos.

Patricia de 6º, fixo unha excelente lectura para o disfrute de pequenos e grandes...moitas felicidades!!!!


21/05/13

Aplicación "diverbolaño"

 
Que sorpresa!!!Grazas, Susi, por participar na actividade...como es a primeira que a fixo, es a primeira en aparecer...un xeito simpático de lembrar a figura do fabuloso Roberto Vidal Bolaño.
A ver quen mais se anima...con moitos podemos facer un collage.