21/03/13

21 de marzo DÍA DA POESÍA...NACE A PRIMAVERA

É precioso que coincida o nacemento da primavera coa celebración do día de poesía. Hai moitos xeitos de definir poesía...hai unha que di que é un pensamento rítmico e paréceme moi bonita porque conxuga o pensamento do poeta coa música. Vouvos escribir o que din algúns poetas sobre o qué é a POESÍA.
GABRIEL CELAYA : A poesía é un arma cargada de futuro. GUSTAVO ADOLFO BÉQUER: Qué e poesía? dis mentras cravas na miña pupila azul. Qué é poesía! ti mo preguntas? POESÍA ES TI.
CARLOS PELLICER: Poesía, verdade de todo sono.
JORGE LUIS BORGES: Ver na morte o sono, no ocaso un triste oro, tal é a poesía que é inmortal e pobre. A poesía volve como a aurora e o ocaso. A palabra poesía ven do término latino poesis que significa a manifestación da beleza ou do sentimento estético a través da PALABRA.
 
A Xanela tamén celebra este día. O mércores fixemos unha lectura preciosa de moitos poemas diferentes e con nenos e nenas de 1ºe de 4º...poemas dun libro que se titula EL ABECEDARIO ILUSTRADO PARA MONSTUROS...rímonos moito.
 
Chegaron este ano dous libros moi bonitos de poesía que podedes coller na Xanela, un titúlase VERDEDADES e o outro titúlase Un niño no xardín, que precisamente del copiamos moitas poesías para colgar polo cole...
Que a vosa vida esté chea de poesía e intentade ler e escribir...lembrade, o voso pensamento rítmico.
 












































 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!