14/03/13

Un traballo sobre a célula

Si vemos unha casa de lonxe, pareceranos que está feita dunha soa peza.
Pero si mirámola de cerca, veremos que está formada por moitos 
compoñentes (ladrillos, vigas etc) unidos entre si.

Do mesmo xeito, o noso corpo e os de todos os seres vivos están 
formados por uns compoñentes moi pequenos : as células

A célula é a parte máis pequena da que están formados os seres vivos e 
que está viva.


Está formada por:



Un material xelatinoso: o CITOPLASMA. É o espazo entre o núcleo e a membrana.
Unha membrana finísima que rodea o citoplasma: a MEMBRANA CELULAR. É unha cuberta que rodea á célula.

Un corpo redondeado que se crea dentro do citoplasma e que dirixe as actividades da célula: o NUCLEO

As células vegetales posúen, ademais, unha PAREDE DURA por fóra da membrana. Por iso os tallos dalgunhas plantas son tan duros.


Podemos atopar moita información na Xanela sobre as células: nos libros 

científicos, nas enciclopedias, nos ordenadores a través de internet...e 

despois de ter a información, que mellor que VELO E PALPALO!!! Os 

alumn@s de 5º fixeron un traballo fabuloso  sobre a célula e se 

queredes saber máis, falade con eles que vos explicarán...PARABÉNS 

DENDE A XANELA A TOD@S.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!