03/05/13

as dificultades son algo negativo?

Hoxe, a lectura da Biblioteca a fixeron Cris e Isi. Foi a lectura do conto titulado O CAZO DE LORENZO, do que xa colgamos un fermoso vídeo. Asistiron bastantes nenos e foi un momento diferente.
Quizais, a principal sentenza que se esconde entre as súas letras, é que as persoas con dificultades, que neste caso simula o cazo vermello, non teñen por que querer desfacerse dela, é dicir non teñen por que vela como un estorbo ou unha molestia. É certo que, ás veces, impide realizar unha vida normal pero é moito mellor, sobre todo para eles mesmos e as súas familias, que intenten levalo de forma creativa en vez de crear unha continua loita, aínda que non sempre resulte tan sinxelo, así como Lorenzo acaba levando o seu cazo vermello metido nun bolso, o cal lle permite superar os obstáculos que antes encontraba dunha forma menos complicada. Se dedicamos o tempo suficiente a ver a minusvalidez como todo o contrario, é dicir, como algo intrínseco da propia persoa, nos será moito máis sinxelo axudar aos que conviven con ela na súa adaptación e inclusión no mundo actual. E, ademais probablemente, terán unha maior autoestima que lles permita, así mesmo, levar unha vida plena e feliz.

Por que a dificultade vai normalmente asociada a algo negativo? Por que cremos, de forma estereotipada, que aquelas persoas con dificultades non poden, ou si pero de forma máis dificultosa, facer o mesmo que os demais? Como ben explica o conto, a miúdo as persoas externas só ven o cazo vermello que leva Lorenzo, e é información abondo como para que poidan crearse ideas erróneas. Creo que, os que non coñecen este mundo de preto, se perden algo extraordinario e digno de explorar porque descubrirían aquí cousas inimaxinables.

Debido, precisamente, ao que viñamos comentado, o vídeo déixanos unha frase conmovedora ao final: "Moitas veces ignoreite por medo, por non saber como tratarte, por non me equivocar, pensando que Deus se equivocara... Creía que vivías triste, sen esperanza, e cheo de sonos inalcanzables. Pero ti ensináchesme que: Ris, choras, bailas, tes sonos, xogas... posúes capacidade de superación... me ensinaches a ver que es como eu
(Autismodiario.org)

3 comentarios:

  1. Penso que é moi certo. A maioría das veces, pensamos que as nosas diificultades son algo negativo porque nos impide facer certas cousas.

    ResponderEliminar
  2. Dáme pena non haber podido asistir por faltar a clase por culpa da dor de cabeza que tiven durante a semana.

    ResponderEliminar
  3. Podes ver o conto en un power...ten unha música preciosa e o podes ler. Tamén o temos na biblioteca por se queres velo ou levalo prestado. Isi.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!