Este luns, día 6, na Xanela o 1º e o 2º ciclo disfrutamos dunhas sesións de CONTACONTOS realizada por ANXO MOURE, o autor do conto “O carballo con botas”, que conseguiu, grazas á maxia dos
seus contos solidarios, prender nos rapaces e rapazas a necesidade de reciclar, de coidar o
medio ambiente, de amar a
natureza, de evitar os incendios forestais...
Todos os nenos e nenas recibiron con entusiasmo a este contacontos que con gran mestría
nos transmite fermosas mensaxes. MOITAS
GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS UNS MOMENTOS TAN
DIVERTIDOS!!
Haberíame gustado moito poder escoitar o conto, seguramente foi un conto moi bonito, e o contacontos o habrerá lido de tal xeito que fora máis bonito. Seguro que o pasástedes moi ben co conto e eu tamén haberíano pasado moi ben.
ResponderEliminar