Hoxe rematamos as sesións de lectura en voz alta cos alumnos de 6º: Moncho, Ana, Ainhoa e Marcela que nos fixeron gozar co conto titulado UN GATO NA ÁRBORE.
Fixérono moi moi requetemiau de ben...moitos parabéns aos catro.Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo; pero a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non soporta tanto peso…
A ilustradora francesa Géraldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible á dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atención sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. Géraldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.
Haberíame gustado ir á lectura, pero ese día, xustamente cando baixei ao recreo acordeime de que había unha lectura na biblioteca, pero xa non podía subir á biblioteca, e deume moita pena. Pero supoño que o fixeron moi ben, e que o conto seguramente foi moi entretido.
ResponderEliminar