12/12/13

Un nadal de principiños

Xa estamos no Nadal e polo cole o ambiente xa se percibe.
Na Xanela hai moito movemento e temos unha proposta para reflexionar nestes días a partir dun libro moi especial O principiño.
Deixamos algún datos de interese:

O Principiño (en francés Le Petit Prince), publicado en 1943, é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova York. É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida.

Nas conversacións entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.

A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo.

O Principiño foi traducido a 180 linguas e dialectos. Ata o momento, vendeu xa máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e tornouse nunha serie de debuxos animados de 39 episodios. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar unha lingua estranxeira.
http://www.slideshare.net/red_escolar_esg1/el-principito-en-imgenes
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!