31/01/15

sopa verde nun pacífico día

Venres 30 de Xaneiro, día da paz, con temporal, choiva e un ceo gris, aínda así levamos a cabo a lectura en voz alta programada para este día e protagonizada por tres simpáticas rapazas de 4º, Nuria, Kalina e Martha, con h, como a ela lle gusta que o escribamos.


Un conto moi bonito no que a súa escritora ÁNGELA MADEIRA fai unha historia na que vémonos todos reflexados, pequenos e maiores, xa que moitas veces aferrámonos á seguridade do que coñecemos e temos medo a experimentar co novo, o descoñecido e é unha pena.

Destaca neste conto un mundo cheo de cores, de sabores e de números:
"unha miguiña de torta marrón, dous anaquiños vermellos de tomate, tres rebanadas de pan branco, catro sardiñas grises, cinco berenxenas moradas, seis cenorias laranxas e sete espigas de millo amarelas.










Gustounos moitísimo e as lectoras fixérono de marabilla, coma sempre. Parabéns.



Despois desta lectura os nenos e nenas de 4º prepararon unha adaptación dun conto"o dragón da Paz" e foron aos tres cursos de infantil para contalo...e así é

Os nenos e nenas de infantil como mostra de agradecemento tamén lles ofreceron os seus personais agasallos:

Infantil de 3 aniños regaloulles caramelos que según os de 4º son os máis ricos que saborearon na súa vida e como no conto eran de moitas cores.



Os de catro año lles deleitaron cunha canción- baile preciosa coa súa profe María José.
Finalmente os de cinco anos, están a preparar un conto para eles: elefantes brancos e elefantes negros...unha obra de arte desas que saben facer tan ben.


Unha mañá na que seguro houbo algún que outro conflito e que sen dúbida resolveuse pacíficamente como cada día do ano.









2 comentarios:

  1. Que Juapos e Juapas os lectores e lectoras de 4º! Que Juapos os fantásticos bailarines de catro anos co seu baile da paz! E esa obra tan fantástica dos artistas de cinco anos, digna de admiración! Como se nota que os do Sanjurjo seguides sendo dos mellores! E por suposto, todo gracias á axuda das profes. Isi e María José, Juapísimas tamén. Seguide facendo este cole un dos mellores!

    ResponderEliminar
  2. Son moi juapiños, todos e todas.!!!! Moitas grazas polos teus comentarios, que ben senta que nos atopes tan juapísimas e grazas polos teus halagos, son moi valorados. Bicos.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!