25/01/15

outro conto de Julia Donaldson

Da mesma autora que o GRÚFALO, o pasado luns, na biblioteca Xanela, as mestras Luz e Isi, contaron o conto titulado: DÓNDE ESTÁ MAMÁ? 

Foi unha sorpresa para os nenos e nenas das súas clases e contamos coa colaboración de Bryan como portador dun morceguiño...

Gustounos moito este conto porque aínda que a mariposa parecía non ser moi espabilada, aprendemos que as veces as nosas maneiras de actuar dependen tamén dos puntos de vista dos demáis.


Logo de lelo as profes, pedímoslle a  Lola de 2º  e Fer de 1º que o lesen eles e encantounos como o fixeron. Parabéns pola vosa boa disposición!!!!

Aquí deixamos o vídeo para que o poidades ver e escoitar tamén todos vós.
Desexamos que o disfrutedes como o disfrutamos  todos nós.

4 comentarios:

  1. Parabens polo voso traballo, profes e nenos!!! os contacontos e o xeito no que se motivan os nenos na lectura, tan importante para as súas vidas, é estupenda.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas de parte de tod@s nós e compartimos o voso comentario. Por favor poñede o voso nome nos comentarios. Unha aperta dende a Xanela.

    ResponderEliminar
  3. Perdoa Isi. Son María a nai de Helena, Xana e Iria. Vou facer unha conta e así estou fichada, je je. bicos.

    ResponderEliminar
  4. María, moitas grazas polos teus comentarios, porque motivan moito, moitísimo.
    Máis bicos para as catro.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!