14/06/14
08/06/14
a Xanela chega a fín de curso
Queridos seguidores da Xanela:
O venres, 30 de maio, a biblioteca estivo chea, moi chea de nenos e nenas con ganas de escoitar o último conto do curso 2013/2014.
Durante todo este ano, Lusca estivo moi contenta porque moitos de vós estivestes eiquí para escoitar, para LER, para disfrutar, para soñar, para rir, para compartir...
Traballamos no proxecto do universo, e aprendemos moitas cousas interesantes ao longo del, e aínda que pudemos ter momentos de desánimo, de preocupación, de medos, de nerviosismo, a ILUSIÓN coa que fixemos as cousas, fixo que todo iso quedase a un lado, porque cando as cousas se fan co corazón, os resultados son óptimos.
Moitas grazas a todos polas vosas aportacións, xa sexan en forma dun graniño de area, xa sean do tamaño da montaña máis alta do mundo mundial.
Espérovos o vindeiro curso, con forzas renovadas e con esa ILUSIÓN E MAXIA, que me alimenta cada día e que fai que o meu sorriso esté sempre con vós.
Agora vos deixo coa lectura dos rapaces de 1º. Estiveron todo o ano preparándose para este momento, que para eles era moi importante, e o certo e que o fixeron de marabilla.
COSAS DE OTRO PLANETA é un conto que ensina que estés onde estés, cando colles un libro, podes viaxar, podes soñar, podes atopar a xente de todos os tipos, flores raras, podes cantar, podes facerte amigo do máis insospeitado...en definitiva é un conto especial, feito a medida dos rapaces de 1º, un equipo que atopa nos libros a súa fonte de inspiración.
SE QUEREDES VER COMO SE SENTIRON OS RAPACES DE 1º ANTE A LECTURA NA XANELA VISITADE O SEU BLOGUE
NA ENTRADA QUE DI: " y llegó el día tan esperado"
23/05/14
o principio de KALANDRAKA
KWAYETCHA E CANDELA, XA EXPERTAS LECTORAS FIXERON A LECTURA DO CONTO DE KALANDRAKA "O PRINCIPIO"
"Esta historia reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. PAULA CARBALLEIRA, é capaz de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións hiperrealistas de SONJA DANOWSKI trasaldan aos lectorues ata as mesmas ruínas dos bombardeos.
Este libro é unha homenaxe ás bibliotecas como FAROS luminosos de sabedoría. Este libro, transmite unha mensaxe de ESPERANZA: a vida continúa, a risa flúe contaxiosa, os nenos non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que un conflito bélico queira arrebatala." (kalandraka)
Parabéns ás lectoras e aos actores que lles acompañaron...
"Esta historia reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. PAULA CARBALLEIRA, é capaz de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións hiperrealistas de SONJA DANOWSKI trasaldan aos lectorues ata as mesmas ruínas dos bombardeos.
Este libro é unha homenaxe ás bibliotecas como FAROS luminosos de sabedoría. Este libro, transmite unha mensaxe de ESPERANZA: a vida continúa, a risa flúe contaxiosa, os nenos non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que un conflito bélico queira arrebatala." (kalandraka)
Parabéns ás lectoras e aos actores que lles acompañaron...
21/05/14
NAS LETRAS GALEGAS...
O xoves 15 de maio, reunímonos para facer algo especial nas letras galegas.
Os nenos e nenas do cole fixeron as súas aportacións e queremos compartilas con todos vós.
- En educación infantil, a clase de 3 aniños, cantaron unha preciosa canción e convertiron a Díaz Castro na ESTRELA da celebración.
- A clase de 6º de eduación infantil, fixeron un ACRÓSTICO con todo o seu agarimo...precioso!
- No primeiro ciclo fixeron HAIKUS, poemas de orixe xaponés que se refiren á natureza.
Foron traducidos ao galego e adaptados ás fotografías feitas polos nenos e nenas. De todo o traballo fixeron unha montaxe.
- Dos alumnos e alumnas de 3º escoitamos un bonito poema sobre como pasa o tempo... tic, tac, tic, tac
- Unha canción titulada "ESA LUS", foi o tema con que os nen@s de 4º nos deleitaron e que podedes escoitar cando vexades as fotos e que dí:
"Esa lus"
Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus
Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá
Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá
O clase de 5º preparou un xogo moi divertido no que había que atopar o nome escondido de Xosé María Díaz Castro. Antes de empezar a buscar contáronnos da súa vida e obra. Gustounos moito!!!
Para rematar, en 6º fixeron unha exposición no corredoiro do primeiro andar, con poemas do autor e ilustracións.
Moitas grazas a TOD@S polos vosos traballos.
20/05/14
A ESCALEIRA POR ALEX E NICO
UNHA LECTURA MOI DIVERTIDA POR ALEX E NICO DE 2º
O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou á porta: Din-don! Din-don! Non había ninguén. Deixou a carta no chan… … e baixou, baixou, baixou pola escaleira.
O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou á porta: Din-don! Din-don! Non había ninguén. Deixou a carta no chan… … e baixou, baixou, baixou pola escaleira.
10/05/14
O SOÑO DE MATÍAS
ESTE VENRES, NA XANELA CARMEN, NOA PARDIÑAS E LUCI BEDOYA LERON O CONTO "O SOÑO DE MATÍAS" DE KALANDRAKA.
ENCATOUNOS E FIXERON UNHA LECTURA DE PROFESIONAIS. MOITOS PARABÉNS!!!!
05/05/14
MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS
Estamos no mes de maio e nesta entrada imos colgar informacións, actividades, traballos...sobre a persoa de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, AUTOR HOMENAXEADO NESTE PRESENTE ANO, NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
![]() |
| Letras Galegas 2014 |
DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA TEMOS A NOSA DISPOSICIÓN INFORMACIÓN MOI VARIADA SOBRE A PERSOA DE
Actividades para educación infantil e primaria dende o SEMINARIO GALÁN.
DOCUMENTAIS E ACTIVIDADES DOUTROS CENTROS
NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA
BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







