09/11/09

Polo San Martiño, peóns ao camiño!


O vindeiro 11 de novembro celebraremos no cole o Día do Peón seguindo a proposta que nos fai a Rede Galega do Xogo Tradicional, Brinquedia. Somos moitos coles en Galicia os que participamos nesta convocatoria e no noso caso xa é a segunda vez que o facemos. O curso pasado pasámolo estupendamente bailando as nosas buxainas no patio. Este curso temos preparadas unha chea de actividades: exposición de peóns, construcción de bailaretes, cantar a canción, ler o manifesto escrito por Suso de Toro... Nestes enlaces que vos deixo podedes atopar unha chea de información sobre o tema, vídeos, arquivos musicais, etc. Tamén podedes ir a este outro enlace de Vieiros

3 comentarios:

  1. ola:
    Espero que o día do peón de este ano sexa tan divertido coma o do ano pasado.No que todos bailamos as buxainas na pista do colexio.

    BICOS

    ResponderEliminar
  2. CARLOTA E MaRiEtA11:23, 10/11/09

    OLA! SOMOS CARLOTA E MARIETA.GUSTANOS MOITO A ENTRADA.O DIA DO PEÓN É MOI DIVERTIDO.

    BICOS.DE CARLOTA E MaRiEtA

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Laura de 3º. Pasamolo moi ben o dia do peón.
    A min bailoume ao reves!

    Adeus.

    ResponderEliminar

Aproveita esta xanela e cóntanos algo!